MODOS DE FUSIÓN

LUZ FOCAL

Textura de papel gofrado sen perder a cor

Con luz focal poden facerse efectos semellantes aos que proporcionan os modos Acrarar e Escurecer. É un modo de fusión deses que aparentemente non teñen aplicación práctica, mais sempre hai algunha situación ou efecto no que se fai máis eficaz que o resto.

Algúns autores teñen comentado o ben que se leva este modo co filtro Papel con relevo, un dos efectos gráficos máis interesantes que hai na galería de filtros. Este vai ser o exemplo.

Poderíamos aplicar nesta fotografía o filtro Papel con Relevo, e logo coa transición indicar o modo e a opacidade. Pero seguramente é máis flexible facer o mesmo deste outro xeito: primeiro duplicamos a capa Fondo, poñémola en modo Luz focal e baixamos un pouco a opacidade, a un 80%.

Daquela aplicamos o filtro. Os parámetros que aquí vemos son orientativos: con Equilibrio de imaxe debemos probar en cada foto porque segundo o motivo teremos que subir ou baixar. Os outros valores, en especial Relevo, dependen do tamaño en píxeles da foto, e esta fíxose ao tamaño que estamos vendo.

O resultado que vemos ten un aspecto moi interesante, como de debuxo texturado, e aquí é onde poderíamos comparalo con outros modos como Luz intensa, liñal, Superpoñer, etc. Veremos que, efectivamente, Luz focal evita, como eses outros, que o filtro leve toda a cor da foto, pero texturiza mellor que Superpoñer ou Luz suave, e non produce granulados e contrastes estridentes como Luz intensa ou liñal.

Ao ter as capas superpostas podemos buscar moitas máis variacións. Por exemplo, lembremos que o filtro empregado, Papel con relevo, aplécase coas cores frontal e de fondo activas. Aquí aplicámolo con negro e branco. Para velo máis craro, se houbésemos pasado á foto o filtro, en modo Normal e non en Luz focal, tería este outro aspecto:

Pero a nosa imaxe conserva de forma suave as tonalidades principais. Con outras duas cores activas, o resultado do filtro sería diferente, mais isto é modificable a posteriori aplicando á capa un mapa de degradado (en Photoshop menú Imaxen>Axustar>Mapa de degradado).

Neste caso, modificámos a escala de cores collendo un dos degradados que veñen por defecto, e que amosamos nunha sobre a imaxe:

 

 


Arriba

  Páxina principal  
Modos de Fusión