Calcúlase primeiro a sección áurea do raio, que é corda de 36º e lado do decágono regular inscrito.
<< Pasar o cursor por enriba do gráfico
Tomando co compás r+fi, localízase un punto exterior que formaría un triángulo isósceles de base 1,5.
A unión do punto co extremo do diámetro corta a circunferencia a unha distancia do outro extremo igual ao lado do cadrado, cun erro dunha milésima de raio.
A descrición deste método por Paulo Porta consta en rexistro da propiedade intelectual (2007). A súa aplicación xeométrica non está suxeita a restriccións.