PÁXINA DE RECURSOS   En castellano ►


POSTERIZAR IMAXES

A posterización dunha imaxe é a reducción da sua gama tonal a unhas poucas cores planas, uniformes. Esta reducción, que nas máís das fotografías dixitais evitamos, pode facerse de xeito intencionado coas ferramentas Umbral e Posterizar, ou ben co modo de fusión de capas Mestura definida, dependendo do resultado que busquemos.

O termo posterizar fai referencia á cartelística. Aínda que os pósteres son carteis de base fotográfica que non teñen por qué presentar ningún efecto gráfico especial, foi unha característica deste xénero a creación de imaxes de tintas planas, con límites definidos.

A posterización foi no seu momento a solución formal ao uso da serigrafía e outras técnicas de impresión sen trama, acadando un tipo de imaxe gráfica pouco realista, mais dunha evidente forza e inmediatez comunicativa.

Decantar a escala de grises
Umbral é o comando co que podemos reducir unha escala de grises, pasando de 256 valores de luminosidade a dous: branco e negro. Logo da umbralización, cada píxel precisará un único bit para a sua caracterización, o que supón unha diminución drástica do tamaño informático da imaxe.

Se realizamos a umbralización de xeito automático (por exemplo, cunha conversión da imaxe de escala de grises a bitmap), transformaremos en negro todos os píxeles con valor inferior ao gris medio 128, e en branco os que teñan este valor ou superior. O que permite o comando Umbral é establecer o corte en calquera outro valor. Canto menor sexa éste, máis craro será o resultado.

o
o
o
Imaxe orixinal (arriba) e versións umbralizadas cun valor de corte de 128 (centro) e 55 (abaixo).

Se aplicamos Umbral a unha imaxe RVA ou CMAN en Photoshop, o programa ignora as cores e parte directamente do valor medio de luz, como unha escala de grises. Sen embargo, podemos aplicalo en cada unha das canles de cor, seleccionándoos na paleta Canles. É o que fixémos nesta fotografía RVA:

o o

Nótese cómo cada canle fica con dous valores, polo que as cores resultantes son oito (dous elevado a tres, que é o número de canles). Estas cores son a branca, a negra, as tres primarias (vermella, verde e azul) e as tres secundarias (cián, maxenta e amarela).

En PhotoPaint, por outra banda, a ferramenta é máis flexible e permite aplicar a posterización só cara o branco, o negro, ou nos dous sentidos, canle por canle e mesmo pode posterizarse somente un rango de valores na escala.

O comando Posterizar
Posterizar pode considerarse unha variante da ferramenta Umbral, que permite reducir a escala de valores a un número calquera entre 2 e 255. Posterizar 2 é o mesmo que aplicar Umbral, e posterizar 255 non ten nengún efecto. Visualmente, é difícil que notemos o efecto dunha posterización por enriba de 35 ou 40.

Posterizar establece un número de niveis que se reparten a intervalos regulares dentro da escala de grises. Cada píxel da escala orixinal tomará entre os valores válidos aquel que teña máis preto. Vemos por tanto unha posterización de tres niveis, onde todo se reduce a negro, gris medio e branco:

o
o

Vexamos agora a mesma foto posterizada a 5 valores. Están distribuidos espacialmente, aínda que naturalmente cada grupo ten diferente número de píxeles:

o
o

Umbralización parcial
As últimas versións de Photoshop incorporan un novo modo de fusión de capas denominado Mestura definida. O seu efecto é precisamente o de umbralizar a capa inferior, mais o feito de traballar con capas proporciona varias posibilidades interesantes, que ilustramos a continuación.

Se colocamos sobre a imaxe unha capa de gris medio en modo Mestura definida, temos o mesmo resultado que posterizar 2, ou aplicar Umbral 128 en cada canle:

o
o

Variando o valor de gris da capa, por exemplo con Niveis, faise o resultado máis ou menos craro, xa que o corte para o umbral faise no valor inverso ao da capa. Deste xeito, se acraramos o gris o resultado é tamén máis craro, e viceversa. Poden aplicarse niveis canle por canle, para adaptar o corte ao valor que nos interese en cada un.

Ao ser o valor de corte o inverso do valor da capa, o resultado aseméllase en ton e en craridade á cor coa que cubramos a capa:

o
o

Esta propiedade pode servir para combinar a posterización cun degradado de cor:

o
o

O outro parámetro interesante é a opacidade da capa, que obviamente regula a intensidade do efecto. Vexamos o mesmo degradado con menos opacidade:

o
o

Isto significa que, empregando unha máscara de capa, poderíamos limitar a posterización a certas zonas, pintando na máscara. Neste derradeiro exemplo voltámos á cor gris media, pero aplicando un degradado de negro a branco na máscara de capa:

o
o

 

PÁXINA DE RECURSOS   En castellano ►