PÁXINA DE RECURSOS | En castellano ► | |||||
|
Capa base |
Capa de fusión |
O modo Multiplicar multiplica a luminosidade dos píxeles superpostos. O resultado é máis escuro que calquera das imaxes, posto que todos os valores posibles están entre 0 e 1 -negro e branco-, e sempre se multiplica por menos de 1.
O modo Trama ou Pantalla fai o cálculo contrario. ao dividir calquera valor por menos de 1, o resultado é máis craro:
En consecuencia, Multiplicar simula una impresión dupla con tintas, mentras que Pantalla aseméllase ao resultado de montar duas exposicións nun negativo.
Sobreexposición liñal suma os valores de luz de ambas as duas imaxes:
Subexposición liñal resta a craridade na capa de fusión da craridade na base:
Diferencia resta o valor máis escuro do máis craro, para cada par de píxeles superpostos:
¿Ten isto algunha utilidade? pois si, máis da que cabería agardar dun simples xogo de números. Experimentando con calquera dos modos de fusión descubriremos aplicacións variadas, pero ademáis, algúns deles executan procesos e axustes básicos de xeito inmediato.
Como exemplo, a maiores dos xa citados, mencionaremos outros casos craros: Unha capa gris superposta en modo Acrarar pode recortar os negros dunha imaxe sen alterar o resto. En modo Escurecer recorta igualmente as altas luces, e se a poñemos en Luz focal pode facer ambas as duas cosas.
A mesma capa en modo Sobreexpoñer ou Subexpoñer realiza un recorte de negros ou de brancos semellante a un axuste de niveis para contrastar. En modo Luz intensa fai calquera das duas cousas.
En modo Sobreexposición liñal ou en Subexposición liñal equivale a un axuste de brillo positivo ou negativo, pero conservando os datos de partida na capa subxacente. En modo Luz liñal fai calquera das duas cousas.
En modo Mestura definida posteriza a imaxe umbralizando cada canle. En modo Diferencia proporciona solarizacións, en modo Exclusión pode descontrastar como o faria un recorte de valores de saída con Niveis, ou pode tamén inverter a imaxe. En modo Cor pode desaturala.
Unha capa chea de azul 0-0-255 en modo
Exclusión, amosa a canle azul invertida.
Na próxima entrega daremos detalles dalgunhas destas aplicacións, e veremos outros xeitos de empregar os modos de fusión.