Páxina de recursos
Versión orixinal publicada en quesabesde.com © >>

CREAR FILTROS PERSOAIS

Que un programa de retoque sexa útil pode depender da cantidade de funcións que ofreza. Que ademáis sexa unha ferramenta creativa, depende de que algunhas destas funcións poidan personalizarse. Una posibilidade máis que interesante e pouco explorada que podemos atopar nalgúns programas é a configuración de filtros mediante máscaras, un xeito persoal de acadar efectos sen recorrer a filtros enlatados.

Un filtro configurable
En varios dos principais programas de retoque temos disponible unha matriz de convolución de 5 x 5 casiñas para crear os nosos propios filtros, e en todos eles dispoñemos das opcións para gardar e cargar aquelas máscaras que fagamos.
En Photoshop atopámola no apartado Filtro>Outros>Personalizar. Non se ofrecen axustes preestablecidos e as máscaras gárdanse en formato acf.

En PhotoPaint está en Efectos>Personalizado>Definido polo usuario. Ofrécense varios axustes preestablecidos, que son o desenfoque por promedio con máscara de 3 x 3 e de 5 x 5, a detección de bordos e un par de axustes de realce de bordos con paso alto e relevo suave mediante un operador de fila Prewitt. As máscaras persoais gárdanse con extensión usr.

A filosofía de Gimp, por outra banda, encaixa ben neste tipo de personalizacións. Os seus menús de comandos están menos "cociñados" que noutros programas, e as denominacións destes comandos moitas veces refírense non ao efecto que producen, senón ás técnicas subxacentes.

Así, no menú Filtro>Detectar bordos>Bordo deste programa identificamos cáseque todos os tipos de operadores citados no artigo anterior, cun regulador de cantidade:


Operadores para detectar bordos en Gimp.

Atopamos, ademáis, comandos concretos de operadores Sobel e laplaciano, e no menú Filtro>Xenéricos a matriz de convolución de 5 x 5.

Para experimentar, houbese estado ben dispor dun tamaño de máscara maior, pero tendo en conta que os efectos principais poden acadarse con contornos de 3 x 3 este tamaño de 5 x 5 xa pode considerarse normal.


Matriz de convolución en PhotoShop.

Pesos, escala e desprazamento
O método consiste en indicar, con números enteiros, o peso que queremos asignar ao píxel central e aos seus viciños. Na casiña Escala ou Divisor indicamos o factor polo que imos dividir a suma de todos os pesos, e na de Ganancia ou Desprazamento podemos aportar ou restar luminosidade globalmente ao resultado.

Hai que ter en conta que o resultado é moi sensible á variación destes parámetros. Se non, a experimentación pode ser tan frustrante como tentar tocar o piano cos cóbados. Vexamos algúns exemplos:


Imaxe de partida.

Cando todos os pesos son positivos, como neste desenfoque, é doado calcular que o divisor debe ser igual á suma para manter o nivel de luminosidadena imaxe:

En cambio, cando buscamos diferencias, como nesta detección de bordo, a suma de pesos positivos e negativos pode quedar anulada, o que deixa na escuridade todas as zonas sen contraste:

Na seguinte variante descartáronse os gradientes diagonais, co que os bordos están máis localizados:

Un xeito de recuperar a maioría da imaxe consiste en aumentar nunha unidade o píxel central. Na realidade, é como poñer a imaxe anterior sobre o orixinal no modo Acrarar, xa que as liñas brancas superpóñense aos bordos:

Se queremos reducir o efecto dun filtro, o mellor é darlle máis importancia ao píxel de referencia que aos seus viciños. Así, hai menos variación na imaxe, e como as cantidades positivas e negativas xa non están igualadas, calculamos fácilmente o factor de escala normal:

Tamén se mantivo o nivel de luz global neste desenfoque de movemento que, pola contra, concede prioridade aos valores a unha certa distancia e dirección:

Nembargantes, para outros efectos pode controlarse a craridade xeral. Por exemplo, subíndoa cun valor de desprazamento (de 1 a 1000), neste caso para dar un aspecto de debuxo de liñas:

Ou neste outro, moito máis suave, buscando un efecto sutil de baixorrelevo:

En xeral, un aumento do factor de división ou escala resta contraste. Xogando cos valores de escala e desprazamento poden imitarse algúns filtros comúns. Este efecto é parello ao filtro Paso alto de Photoshop con radio 1:

E este outro imita o filtro de relevo ou repuxado dun xeito moi sinxelo:

Un toque persoal
A configuración de filtros con máscaras é sinxela. Aínda que é moito menos flexible que manexar funcións como se fai co comando curvas, é a maneira que temos de afinar o funcionamento de certos filtros de mellora local e buscar con eles os nosos propios efectos.

Posiblemente, onde nos resulte máis útil coa práctica é en combinación con outros recursos; por exemplo, dentro dunha acción. Ahí vai un derradeiro exemplo no que se encadean dous filtros personalizados sobre unha capa duplicada -un de detección de bordos e outro de desenfoque- para acadar unha imaxe que, copiada nunha canle e cargada como selección, permite aplicar unha máscara de enfoque localizada nos bordos das figuras:


Máscara de enfoque con valores 80-1-2, sobre unha selección baseada na imaxe superior.