Teorema de Thales
|
Enunciado: Unha paralela a un lado dun triángulo, que corte os outros dous lados, determina un novo triángulo semellante ao orixinal. |
Este teorema é probablemente o máis básico da xeometría. Sabemos que Thales de Mileto, no século VI a.C. demostrou e utilizou este principio, que seguramente xa era coñecido bastante antes.
Tampouco coñecemos o enunciado con que o formulaba Thales. Recollémos o que aparece nos Elementos de Euclides, pero hoxe utilizamos normalmente este outro, máis xeral: Se unha serie de paralelas atravesa dúas rectas calquera, os segmentos producidos nunha delas gardan unha mesma proporción cos correspondentes da outra.
A proporción, evidentemente, ven dada pola razón entre os intervalos das paralelas, e o fundamento da semellanza parte da igualdade dos ángulos nas interseccións, producida polo paralelismo. |