Teorema de Gauss

Páxina principal

 

Sección de Xeometría
Enunciado: Os puntos medios das diagonais dun cuadrilátero completo están en liña recta. (1810)

 

Aínda que os teoremas máis coñecidos de Gauss corresponden á Alxebra, tamén se lle dá o seu nome a esta constante xeométrica. Como sabemos, un cuadrilátero completo é aquel no que se consideran vértices os seis puntos onde se cortan catro rectas dadas. As diagonais son os segmentos que unen cada intersección de dúas rectas coa intersección das outras dúas. Polo tanto hai catro lados, pero seis vértices e tres diagonais.


Teoremas
 
Arriba