1- Materiais GeoGebra para Xeometría Descritiva


Colección de gráficos para apoiar a explicación do Sistema Diédrico, con rotación en perspectiva cónica.
. Punto para mover en cuadrantes . Recta oblícula para mover as trazas . Recta de perfil para ver 3ª proxección . Plano //LT para ver 3ª proxección . Plano que pasa por LT para ver 3ª proxección . Distancia entre dous puntos por abatemento, por xiro, por cambio de plano.

           

Poliedros regulares en Sistema Diédrico sobre unha cara, unha aresta e un vértice, con rotación.
. Tetraedro . Hexaedro . Octaedro . Dodecaedro . Icosaedro.

           

Figuras para resolver en GeoGebra seccións planas en Diédrico.
. Cilindro recto . Cilindro oblícuo . Cono recto . Cono oblícuo . Esfera.

           

Figuras interactivas para observar sombras direccionais en Diédrico.
. Prisma . Pirámide . Cilindro . Cono . Esfera.

           

Desenvolvementos planos para imprimir e construir, con reguladores de tamaño.
. Tetraedro . Hexaedro . Octaedro . Dodecaedro . Icosaedro . Cuboctaedro . Icosaedro truncado . Prisma paralelepípedo . Pirámide de base cadrada.

           

Macros para pasar figuras de Diédrico a Isometía e P. Cabaleira.
. Base Isométrico . Base perspectiva Cabaleira . Punto en Isométrico . Punto en p. Cabaleira . Hexaedro con rotación en Isométrico . Hexaedro con rotación en p. Cabaleira.

           

Macros para pasar figuras de Diédrico a Cónico, con figuras de exemplo.
. Hexaedro sobre un vértice . Octaedro sobre un vértice . Perspectiva cónica dun cubo.

           

Unidade didáctica sobre o Sistema Cónico. Métodos para situar a planta dunha figura en perspectiva.
. Método de Vignola . Abatemento de planta . Método das prolongacións . Método das fugas a 90 e 45º . Método dos puntos métricos . Homoloxía . Método dos planos visuais verticais.

           

Unidade didáctica sobre o Sistema Cónico. Explicacións dos métodos para calcular distancias e ángulos, con reguladores de avance.
. Distancia entre dous puntos . Profundidade dun punto . Distancia Punto - Recta . Distancia Punto - Plano . Distancia entre Recta e plano paralelos . Distancia entre dúas rectas . Distancia entre dous planos. Ángulo dunha recta cos planos do sistema . Ángulo dunplano cos planos do sistema . Ángulo entre dúas rectas . Ángulo entre dous planos . Ángulo recta-plano.

           

2- Materiais GeoGebra para Xeometría Plana


Exercicios guiados de tanxencias para facer na aula (1 sesión cada un).
. Circunferencia de raio dado tanxente a outras dúas . Circunferencia tanxente a outra nun punto pasando por outro punto libre . Problema de Apolonio caso PRC . Problema de Apolonio caso PCC.

(zip coas figuras e as descricións)

           

Exercicios guiados de curvas cónicas para facer na aula (3 sesións).
. Elipse / Hipérbola por puntos . Elipse / Hipérbola por equidistancia + Parábola por equidistancia . Elipse a partir dos diámetros conxugados.

(zip coas figuras e as descricións)

           

Exercicios guiados de cicloides para facer na aula (1 sesión cada un).
. Cicloide normal, acurtada e alongada . Hipo/Epicicloide normal, acurtada e alongada.

(zip coas figuras e as descricións)