Sombras O tratamento das sombras en perspectiva ignora normalmente o tamaño da fonte de luz, que produce zonas de penumbra, e outros aspectos da realidade como o desenfoque da silueta de sombra que aumenta ao afastarse do punto a aresta que a produce, detalles que deberíamos ter en conta á hora de dar realismo óptico ás imaxes.
Para facilitar a aprendizaxe dos métodos centrámonos no caso teórico dun único foco de luz puntual (sen dimensión), que pode estar a distancia finita (o que corresponde a unha escea con iluminación artificial) ou a distancia infinita (luz diurna ou solar). Sombra dun punto - Técnicamente é unha proxección na que substituimos a recta visual que pasa por V e polo punto, por outra recta (raio luminoso) que pasa polo punto e pola fonte de luz, incidindo nun plano de proxección ou na superficie dalgunha figura. No seguinte gráfico vemos a sombra producida no plano xeometral por un punto:
Sombra dun segmento calquera - Facendo pasar dous raios luminosos polos extremos da proxección directa do segmento, e dúas rectas pola proxección horizontal da fonte de luz e as dos dous extremos, obtense a sombra sobre o plano xeometral. Sombra dun segmento vertical - Unha operación habitual és situar a sombra dun segmento vertical sobre o plano xeometral. A sombra é outro segmento que forma parte da traza horizontal do plano que contén a fonte de luz e o segmento:
Sombra dun segmento horizontal - Neste caso comprobamos que a proxección dunha recta sobre un plano paralelo a ela é outra recta paralela á orixinal. Grazas a isto trázanse con frecuencia segmentos de contorna na sombra de figuras xeométricas sobre o plano xeometral que corresponden a arestas horizontais, empregando o mesmo punto de fuga. Sombra dun segmento vertical sobre planos vertical e oblícuo - Á esquerda, dado que o segmento d e o plano a son paralelos, o segundo tramo sd da sombra é tamén vertical. Á dereita, dado que b é un plano oblícuo, complétase o plano vertical que contén a fonte luminosa S e o segmento e. O segundo tramo se da sombra está sobre a intersección de ambos os dous planos. Sombras en sólidos - No caso de figuras con volume, ademáis da sombra proxectada sobre planos, outras figuras ou outras partes da mesma figura, considérase como sombra propia a superficie da figura que non recebe luz. A fronteira entre a parte iluminada e a sombra propia denomínase liña separatriz, e a súa proxección é o perímetro das sombras proxectadas. Nas figuras poliédricas cada cara está nunha das dúas zonas e, en xeral, determínase considerando o plano que a contén e observando se a fonte de luz e a propia figura están no mismo lado do plano (cara en sombra) ou se están en diferente lado (cara iluminada, independentemente de que poida estar oculta á luz pola sombra proxectada doutra figura ou outra parte da mesma). En superficies curvas unha mesma cara pode ter zonas iluminadas e en sombra.
|