Representación do punto:

No sistema cónico, cada punto proxéctase no plano do cadro mediante a recta que pasa por el e polo punto de vista V. Esta é a maneira de pasar dun corpo volumétrico a unha representación bidimensional:

Sorry, the GeoGebra Applet could not be started. Please make sure that Java 1.4.2 (or later) is installed and active in your browser (Click here to install Java now)

Para que poidamos determinar cal punto da recta é a imaxe perspectiva do punto no espazo, consideramos unha proxección indirecta que se fai primeiro verticalmente sobre o plano xeometral, e logo visualmente sobre o plano do cadro. A unión das proxeccións horizontais do punto e de V, ao cortar LT permite determinar as proxeccións:.

Proxección dun punto

Tipoloxía do punto:

Puntos de cota positiva, cero e negativa, situados no espacio real (distancias positivas). A característica común é que a proxección horizontal está sempre entre LT e LH:

Plano oblicuo - - Plano oblicuo

Puntos de cota positiva, cero e negativa, situados no Plano do cadro. A característica común é que a proxección horizontal está sempre en LT (distancia cero):

Plano oblicuo - - Plano oblicuo

Puntos de cota positiva, cero e negativa, situados no espacio intermedio. A proxección horizontal está sempre por debaixo de LT (distancias negativas):

Plano oblicuo - - Plano oblicuo

Puntos de cota positiva, cero e negativa, situados no espacio virtual. A proxección horizontal está por enriba de LH, e a posición entre esta e a proxección directa aparece invertida:

Plano oblicuo - - Plano oblicuo

Proba a modificar a posición espacial do punto A e da súa proxección horizontal A1, para comprobar como aparecen as súas proxeccións en sistema cónico:

Sorry, the GeoGebra Applet could not be started. Please make sure that Java 1.4.2 (or later) is installed and active in your browser (Click here to install Java now)
Para deducir en que espacio está o punto representado, só temos que mirar se a súa proxección
horizontal está entre LH e LT (espacio real), por debaixo de LT (intermedio) ou por enriba de LH
(virtual). A cota do punto é positiva cando a proxección directaestá máis alta que a horizontal
nos espacios real e intermedio, ou se está máis baixa, no espacio virtual.