O produto das distancias dun punto aos dous en que corta
a unha circunferencia unha secante que pasa por el, é constante

Se unimos A con D e B con C, vemos que se forman dous triángulos semellantes PAD e PBC. Fácilmente se demostra que o produto do enunciado é unha constante. Denomínase POTENCIA dun punto respecto dunha circunferencia, xa que non varía se mantemos fixos estes dous elementos.

Nótese que tamén é constante se se trata dun punto interior (ver apartado anterior) aínda que con resultado negativo, se temos en conta que multiplicamos segmentos con sentidos contrarios.

A potencia é cero se o punto está sobre a circunferencia, xa que unha das distancias a multiplicar é cero.