A tanxente dende un punto exterior a unha circunferencia é media proporcional das distancias aos dous definidos por unha secante.

É o caso límite do teorema do apartado anterior. Unimos T con A e con B, vemos que os ángulos ABT e ATP, inscrito e semiincrito, abarcan o mesmo arco AT, polo tanto son iguais.

Logo os triángulos PAT e PTB son semellantes, así que PA/PT = PT/PB

O segmento m (PT) é media proporcional de PA e PB.

Tamén representa a raíz da constante k da potencia do punto P respecto da circunferencia.