O produto de dous lados dun triángulo iguala o de dúas isogonais
que parten do vértice, unha delas ate o lado contrario e
a outra ate a circunferencia circunscrita

CD e CD' son no gráfico as isogonais. Ao ser AD e BD' arcos iguais, tamén son iguais os arcos que forma cada unha delas cos lados CA e CB.

O triángulo CDA e CBE son semellantes, porque tamén teñen iguais os ángulos en D e B, xa que os dous son inscritos e abarcan o arco AC.

Por semellanza, AC / CD = EC / CB, polo tanto AC * BC = CD * CD'.