Todos coñecemos o Teorema de Pitágoras e o Teorema de Thales, e sabemos que son a base de moitas e útiles construcións xeométricas.

Nesta unidade veremos outro teorema básico da xeometría práctica, facendo un percorrido por algunhas das figuras que se construen ou demostran a partir del: "O ángulo inscrito nunha circunferencia ten como medida a metade do arco que abarca". Para entendelo, lembraremos dúas ideas previas:

1ª- Dous ángulos sobre unha recta son suplementarios e suman 180º

2ª- Os ángulos interiores dun triángulo tamén suman 180º