O Arco capaz é o lugar xeométrico dos puntos dende
os que se abarca un segmento baixo un ángulo dado

A construción do arco capaz consiste en buscar un centro que abarque co ángulo dado a metade do segmento.

Unha vez buscado o centro e trazado o arco, calquera dos seus puntos abarcará o segmento completo co mesmo ángulo, xa que a súa medida é a metade do ángulo central.

Nota: o arco simétrico de APB con respecto ao segmento AB formaría tamén parte da solución.