MODOS DE FUSIÓN
TRAMA / PANTALLA |
Superposición de proxeccións O modo Trama equivale a proxectar a luz dunha imaxe sobre unha superficie xa iluminada por outra imaxe. O valor dun dos píxeles superpostos é o valor 0 para o da outra capa. O resultado sempre é máis craro. Observa no gráfico Curvas o efecto que o valor dun píxel ten nos posibles valores da outra capa: Descarga dende o gráfico o arquivo PSD dos Primarios aditivos, onde cada círculo está nunha capa propia, en modo Trama. Usa en PhotoShop a ferramenta Desprazar coa opción Seleccionar capa automáticamente, e proba a mover os círculos, para entender cómo simulan a converxencia de tres proxeccións de luz. Brillos en biseis O modo Trama é por defecto o que os programas aplican a biseis e outros efectos de capa semellantes. A razón é que este modo non é selectivo, como por exemplo Acrarar. Na figura vemos unha textura de liñas azuis e ocres ás que trazámos duas pinceladas a xeito de bisel. Pola esquerda, o pincel estaba en modo Acrarar, e somente aportou a cor enrriba das zonas azuis. Pola dereita empregámos o modo Trama, que ilumina todos os píxeles en proporción inversa á craridade que xa tiñan. Capas con fondo escuro superpostas Dedúcese fácilmente que o modo Trama é o máis axeitado para combinar duas imaxes como se se proxectasen unha sobre a outra, como cando se fai unha dupla exposición sobre o mesmo negativo, ou como cando se positivan dous negativos superpostos nunha ampliadora. Xa que logo, os mellores efectos acádanse con aquelas imaxes que teñen moitas zonas escuras, con algunhas craras ben definidas. Aí van uns exemplos: Con imaxes diferentes: Coa mesma imaxe, desprazando unha capa copiada en modo Trama: Obsérvese o diferente resultado se empregásemos o modo Acrarar:
Superposición múltiple da mesma capa en modo Trama:
|