MODOS DE FUSIÓN

SUPERPOÑER

Textos sobre texturas

Ao crear unha capa de texto en modo Superpoñer, é doado que tanto as letras como os detalles do fondo se distingan ben, sobre todo se o texto non é eoscuro ou craro de máis.

Un efecto típico e vistoso cando se colocan rótulos sobre imaxes texturadas é poñer a capa de texto en modo Superpoñer, colorear o texto de gris medio e aplicarlle algún estilo de capa, como neste caso unha sombra paralela e un lixeiro biselado:


Biselado con poca opacidad, y color de sombra
muestreado en la propia imagen

O texto faise invisible, o único que vemos son os efectos, que se poden suavizar baixando a opacidade da capa. Se arrastramos ésta poderemos probar cómo se le noutras posicións.

Nos máis dos casos aínda se lerá mellor se se ilumina un chisco a cor do texto. Aquí acrarámola ata un gris 60%. Se a foto fose ben crara, daríamoslle consistencia ao texto ao contrario, escurecéndoo un pouco.

En fotografías menos texturadas, este efecto non sería mala opción para certo tipo de marcos:

e tamén é unha opción a considerar para gráficos estadísticos e cousas semellantes, xa que facilita a lexibilidade nas capas superpostas:

Simulación de grano Colorear dende escala de grises

 


Arriba

  Páxina principal  
Modos de Fusión