MODOS DE FUSIÓN

SUPERPOÑER

Combinar capas, predominando a capa base

Os modos de fusión Superpoñer e Luz forte están íntimamente relacionados, xa que cada un funciona como o outro, se invertimos a orde das capas.

Observemos nos seguintes gráficos, movendo os puntos vermellos, cómo afecta un valor na capa á escala de luminosidade da base. Aínda que parece que o funcionamento de ambos os dous non ten relación, busquemos o valor de cada punto na curva do gráfico contrario, e veremos que dan o mesmo resultado, o que proba que son recíprocos.

En modo Superpoñer, os valores da capa superposta modifican sobre todo as tonalidades medias da base, pero non as extremas. Por iso seguimos vendo mellor o claroscuro desta. Mais en modo Luz forte, os valores craros da capa iluminan moito as sombras da base, e os valores escuros apagan moito as luces, polo que o predominio visual é o da capa superior.

Superpoñer é un dos modos que se empregan con máis frecuencia, porque proporciona unha boa visibilidade das imaxes combinadas. Segundo o dito, esta visibilidade será óptima se combinamos como base unha imaxe na que o interés está nos tons extremos, cunha capa en modo Superpoñer onde o máis interesante está nos tons medios:


(Fotografía cedida por Carmela García)

Superpoñer motivos e recheos de cor

O modo Superpoñer respeta moito máis os valores extremos da base (altas luces e escuros densos) que outros modos que se pensa teñen efectos moi semellantes. A este motivo de Boticelli en escala de grises imoslle superpoñer un motivo a xeito de greca:

En modo Superpoñer, o motivo tapiza as figuras, sen afectar ao fondo nin colorear os tons máis escuros do debuxo:

En modo Cor, por exemplo, o fondo seguiría branco pero o motivo da greca perderíase en cores más intensas pero máis difusas. En Luz forte, recíproco de Superpoñer, o motivo recobriría o fondo e amortiguaría os trazos do debuxo.


modo Cor

modo Luz forte

Segundo a caste da imaxe, e polas características que acabamos de dicer, o modo Superpoñer é preferible ao modo Cor. Comprobémolo superpoñendo a este outro detalle unha capa chea dunha cor:

Cubrindo coa cor da mostra, e en modo Superpoñer, a integración é discreta:

Mais isto é exactamente o mesmo, coa capa de recheo en modo Cor:

 

 


Arriba

  Páxina principal  
Modos de Fusión