MODOS DE FUSIÓN
SUBEXPOÑER |
Escurecer ceos abrancazados O modo Subexpoñer cor pode actuar como un polarizador de ceos no postproceso dixital, recuperando o interés sobre todo naquelas fotografías contrastadas, nas que non se nos queimaron as luces nin sen empastaron as sombras, pero nas que a diferencia entre as duas zonas fai que o ceo quede craro de máis. A técnica é sinxela, tanto como pintar co pincel en modo Subexpoñer, mais neste exemplo veremos tamén unha maneira rápida de facer a selección que é posible precisamente nestes casos, cando hai contraste dabondo.
Na paleta canles, situámonos sucesivamente en cada un deles, para averiguar cál é o que ten o maior contraste. Neste caso foi o azul:
Duplícase esta canle, arrastrándoa ao símbolo de capa nova
Á nova canle aplícaselle axuste de niveis. Hai unha zona intermedia, prácticamente sen píxeles, coa que facemos coincidir os reguladores de recorte negro e branco.
Isto é o que permite levar fácilmente a canle ao contraste máximo:
Se notamos pequenos puntos brancos na zona negra ou viceversa, poderíamos aplicar o filtro Mediana, para anulalos.
A continuación cárgase a canle como selección, arrastrándoa ao primeiro símbolo, e logo pode eliminarse, arrastrándoo á papeleira. Tamén se pode conservar ata o final do proceso, por prudencia. A selección debe corresponderse co ceo.
Tómase unha mostra de azul medio e non excesivamente saturado, e ponse o pincel en modo Subexpoñer cor, cunha opacidade moderada. Un diámetro grande e unha dureza arredor do 70% resultarán cómodos.
Arrástrase nunha única pasada sobre todo o ceo, e xa o temos. Se nos pasámos ou quedámmos algo curtos, neste punto podemos acceder á opción Transición (Control+Maiúsculas+F), que nos permitirá modificar a opacidade coa que pintámos.
|
||||