MODOS DE FUSIÓN

SOBREEXPOÑER

Efectos de luz con tampón de clonar

Este método consiste en utilizar o tampón en modo Sobreexpoñer ou Subexpoñer, para acrarar ou para escurecer partes dunha fotografía a base de pinceladas.

Trátase de tomar unha mostra nun punto concreto da imaxe, facendo clic coa tecla Alt pulsada, e comezar a pintar exactamente no mesmo punto. Para isto o rato non debe moverse entre a mostra e a primeira pincelada. Obviamente, cun portátil é moito máis doado, xa que dispoñemos dunha tecla que sustitue o botón principal do rato, sen ter que tocar éste.

Recoméndase unha opacidade de pincel do 35%, aínda que dado o enérxico que poden resultar estes modos de fusión, eu non paso nunca do 25%, e aínda menos cando o utilizo en modo Subexpoñer. A dureza do pincel tamén é mellor que sexa bastante baixa.

Usar o tampón fai un efecto ben máis potente que aplicar unha cor a pincel, porque estamos aplicando a propia información da imaxe, o que reforza visiblemente tanto o rango tonal como a saturación.

O que permite este método é ser moi selectivo na colocación de luces e sombras. Hai que pensar realmente que se está pintando esta luz, e evitar pasar por zonas de moito contraste como os horizontes, se non se fai previamente unha selección.

Vexamos un par de exemplos con esta técnica:

Pasar o cursor sobre a imaxe para ver o efecto:

Aplicáronse pinceladas a discrección en modo Sobreexpoñer, como se aprecia nesta vista:

Este outro caso ilustra máis esta idea de pintar a luz sobre a imaxe, concentrándoa en certos lugares, en vez de recorrer a un axuste de curvas ou niveis, aproveitando a escasa luminosidade inicial da fotografía para crear iluminacións dramáticas ou efectistas.

Pasar o cursor sobre a imaxe para ver o efecto:

Simulación de grano Realzar retratos pintando con grises


Arriba

  Páxina principal  
Modos de Fusión