MODOS DE FUSIÓN

SOBREEXPOÑER

Realzar retratos pintando con grises

A diferencia do modo Trama, Sobreexpoñer ten un comportamento máis selectivo. Isto non é teóricamente certo porque ambos os dous modifican calquera valor da capa inferior, pero Sobreexpoñer afecta moito máis ás zonas craras que ás escuras, mentras que Trama faino dun xeito máis liñal, e acrara máis as sombras que as luces da base.

A conclusión é que os dous aumentan a craridade global, pero Trama reduce o contraste mentras que Sobreexpoñer o aumenta. Esta característica faino ideal para os retoques "manuais" en todos aqueles elementos onde interesa destacar brillos ou dar sensación de superficie húmida: Ollos, pelo, auua ou cristal son os casos máis típicos.

Estes retoques adoitan ser moi vistosos e rápidos, polo que hai que procurar aplicalos discretamente, se queremos que o resultado siga a ser natural. Pintar cunha cor crara en modo Sobreexpoñer ao 100% de opacidade é, literalmente, queimar a fotografía.

Debemos moderar por tanto a acción do pincel, baixando a opacidade do pincel ou pintando cun gris escuro. Normalmente facemos unha combinación das duas cousas, aínda que son indistintas. Isto é algo persoal. Eu estou afeito a pintar sempre de gris k75% e xogar coa opacidade.

Por outra banda poden aplicarse localmente pinceladas ou xogar cunha capa de gris superposta, que pode levar unha máscara de capa. No seguinte exemplo imos combinar as duas cousas. A fotografía foi cedida por Manel:

Pasar o cursor sobre a imaxe para ver o efecto:

En primeiro lugar creouse unha capa nova, enchause de gris escuro (75% de negro) e púxose en modo de fusión Sobreexpoñer, para realzar toda a fotografía.

Baixouse a opacidade ao 50% para moderar o efecto e fíxose unha máscara de capa (ver paleta), que se pintou con grises porque nunhas zonas o efecto interesaba pero noutras como o fondo, non:

Nunha segunda fase, reforzáronse zonas concretas co pincel, en modo Sobreexpoñer, dureza 40% e opacidade 35%. Por exemplo, as córneas dos ollos poden requerir dous ou tres toques puntuais, co diámetro de pincel adecuado:

O resto pode ir con pinceladas rápidas. Aquí indicamos por onde se trazaron neste caso:

E velahí o resultado que xa vimos no comezo:

 

 


Arriba

  Páxina principal  
Modos de Fusión