MODOS DE FUSIÓN
NORMAL |
Xogar coa opacidade Empregando o modo de fusión Normal, a variable principal é a opacidade das capas.
Se a opacidade da capa é do 100%, simplesmente vemos a capa superior (a concha). Se a opacidade é 0%, os píxeles son transparentes, e polo tanto só veríamos a capa base (as árbores). Axustando a opacidade ao 50%, veríamos por igual as duas capas:
Tamén podemos facer que en certas zonas sexa visible unha das capas, e noutras partes a outra capa. Deixando á parte a posibilidade de borrar información da capa superior, que nunca paga a pena habendo outros medios, pode facerse unha selección, como a que vemos, á que lle aplicámos un calado para suavizala, e incorporar a outra imaxe co comando Edición>Pegar dentro:
O suavizado crea unha zona periférica de píxeles semitransparentes. Este resultado é o mesmo que se superpoñemos primeiro as capas, facemos a selección, suavizámola con calado, e coa selección activa pulsamos na paleta capas o símbolo de Máscara de capa (con "pegar dentro" tamén se crea a máscara).
Co método da máscara de capa, pode facerse unha transición en cortiña rápidamente. Trátase de superpoñer as capas, crear unha máscara na capa superior, e trazar na máscara un degradado liñal de negro a branco. Previamente, asegurámonos de actuar sobre a máscara, pulsando na sua miniatura. Daquela trazamos o degradado:
O resultado é unha transición máis ou menos suave, en relación á lonxitude do trazo:
A cortiña aínda se pode variar cómodamente e en calquera intre, cun axuste de niveis. Sinxelamente movendo o regulador gris cara un lado ou cara outro, facemos que se vexa máis unha ou outra capa:
Tamén se pode facer unha transición menos suave, achegando os reguladores branco e negro.
|