MODOS DE FUSIÓN
MULTIPLICAR |
Efectos gráficos: Liñas de bordo Outro efecto para o que se presta o modo de fusión Multiplicar é a superposición de liñas escuras nas siluetas, o que lle dá á imaxe certo sabor a debuxo coloreado. Na sua variante máis sinxela, consistiría simplesmente en aplicar algún filtro como Detectar bordos, e inmediatamente despois a transición (en PhotoShop Control+Mayúsculas+F) a modo Multiplicar. Pasar o cursor sobre a imaxe para ver o efecto: Se o noso programa non ten a opción Transición, duplicamos a capa fondo antes do filtro, e asignamos Multiplicar como modo de fusión de capa. De feito, duplicar a capa sempre é mellor, porque podemos xogar tamén coa opacidade, e introducir outros filtros. Cando a foto é texturada, como o fondo do exemplo anterior, e usamos este filtro, créase como unha rede de liñas curvas que segundo o motivo, pode resultar moi interesante: Pasar o cursor sobre a imaxe para ver o efecto: Sen embargo, en moitas ocasións preferiremos que se centren somente nas siluetas dos obxectos, para realzalos. Un proceso un pouco máis elaborado pode ser o seguinte: A partir desta foto, buscamos entre as canles RGB a que defina mellor os contornos. Neste caso é a azul. Situámonos nela, e copiamos o seu contido (Control+A, Control+C).
Retornamos á canle composta RGB, pasamos á paleta capas, e pegamos (Control+V) como capa nova. Filtramos esta capa con Desenfoque suavizado, para eliminar os bordos que non nos interesan (as texturas) e centrarnos nas siluetas dos obxectos. Este filtro é o mellor para esta función, pero en programas que non o teñan pode aproximarse o posible con outros como Mediana, aínda que só regula o radio. A continuación, pasamos o filtro Detectar bordos, e xa temos o efecto. Podemos completalo con outros detalles ao noso gosto. Por exemplo, aquí acrarei un pouco os tons medios na capa Fondo con Niveis para reforzar un pouco o efecto das liñas, e como se perdían as bolas das farolas fíxenlles un contorneado trazando seleccións circulares: Outros dous exemplos seguindo o mesmo proceso: Pasar o cursor sobre as imaxes para ver o efecto: Nesta fotografía da auga, como quedaba un pouco desaturada, duplicouse ao final a capa fondo, púxose sobre as demáis en modo Cor, e saturouse lixeiramente con Ton/saturación (Control+U). Para rematar, dicer que, aínda que o filtro Detectar bordos é o que prefiro para estes efectos, hai outros que tamén dan resultados interesantes en modo Multiplicar, como por exemplo o filtro Relevo: Pasar o cursor sobre as imaxes para ver o efecto: Capa duplicada en modo Multiplicar e opacidade 80%, filtro Relevo, Niveis para acrarar o fondo. Os mesmos parámetros, con filtro Desenfoque suavizado (radio 20, umbral 67) antes de Relevo.
|