MODOS DE FUSIÓN
MULTIPLICAR |
Tatuaxes Como en case todo o que teña que ver con impresión e tintas, o modo Multiplicar é o máis adecuado para simular tatuaxes. Imos ver un exemplo, a partir dunha fotografía e un motivo vectorial:
Podemos montar o motivo sobre a fotografía, e coa vara máxica seleccionar a tinta que nos interesa:
Despois, para que non queden restos doutras cores, o máis seguro é eliminar a capa, mantendo a selección activa. Tamén se podía ter feito a selección na imaxe rasterizada do motivo e traer sobre a fotografía a selección.
Créase unha nova capa, suavízase algo a selección cun calado entre 1 e 1,5 píxeles, e se enche dunha cor. Non debe ser demasiado escura, xa que a imos poñer en multiplicar, pero tamén se pode correxir logo.
Poñemos a capa en modo Multiplicar e baixamos un pouco a opacidade. Deste xeito, nótase bastante ben a textura da pel por baixo da capa, o que lle dá máis realismo.
Con Transformación libre (Control+T) e a opción Distorsionar, buscamos a maneira de acomodar ben a forma e tamaño do tatuaxe:
Por último, se a zona do corpo onde o colocámos tivese variacións de claroscuro, pode buscarse unha correspondencia mellor da capa superposta, pintando nela coas ferramentas Sobreexpoñer e Subexpoñer, con pouca opacidade. Aquí somente foi preciso un par de pinceladas de cada unha, con opacidade (exposición) 15%
E este é o resultado:
|
||||