MODOS DE FUSIÓN

MULTIPLICAR

Mellorar atmósfera en fotografías brandas

É relativamente frecuente que, en situacións con abundancia de luz, as fotografías saian inesperadamente planas, anodinas, dando a sensación de exceso de detalle ou luz. Esta é unha das razóns polas que moitos fotógrafos evitan a luz do mediodía en espacios soleados e procuran situacións con menos contraste, luz máis ambiental, e a calidez das primeiras e últimas horas.

Aínda así, este tipo de fotos abunda, porque moitas veces, sobre todo nas viaxes, non podemos elexir o tipo de luz, e os resultados son imaxes nas que todo está ben exposto, pero demasiado igual, plano. Pode contrarrestarse bastante ben esta falla de atmósfera cunha técnica moi sinxela: duplícase a capa, ponse en modo Multiplicar, redúcese a opacidade ao 50-60% segundo casos, e aplícase un desenfoque gaussiano na capa duplicada de entre 5 e 10 píxeles de radio, segundo o tamaño.

Se o desenfoque tivese poucos píxeles de radio, desdebuxarianse os detalles finos mais non afectaría ao contraste zonal. Nembargantes usando radios maiores conseguimos reafirmar cada zona, gañando contraste global a costa de perder un pouco de detalle local.

Poñemos directamente varios exemplos desta técnica:

Pasar o cursor sobre cada fotografía para comparar co orixinal

Simulación de grano Sombras sobre detalles


Arriba

  Páxina principal  
Modos de Fusión