MODOS DE FUSIÓN

MESTURA DEFINIDA

Posterizar co modo Mestura definida

O modo Mestura definida funciona de xeito semellante ao axuste Umbral: decantando a escala de cada canle nos seus valores máximo e mínimo.

Para comprobalo, somente temos que superpoñer unha capa de cor plana sobre a imaxe. Imos facer o exemplo con esta fotografía de Borja (Basajaun):

Para comezar creamos una capa nova, poñémola en modo Mestura definida e enchémola cun gris calquera:

O valor de corte para aplicar o umbral non é o valor da capa, senón o seu inverso. Isto permite manexalo de xeito máis intuitivo, xa que se acraramos o gris, o valor de corte é inferior e o resultado é máis craro.

Imos acrarar a capa gris con algunha ferramenta, como Brillo/Contraste, Niveis, ou Ton/saturación. Logo asoman as texturas do chan:

E acrarándoa bastante máis, podemos chegar a isto:

Mentras a opacidade da capa sexa 100%, o resultado estará totalmente umbralizado, reducido a 8 cores: branca, negra, os primarios RGB e os secundarios CMY. Mais a posterización pode moderarse simplesmente coa opacidade da capa. Aquí baixámola ao 40%

Como se umbraliza canle por canle, co inverso do valor RGB da capa, o resultado tamén ten tendencia á cor que poñamos. Se collemos a capa gris con Ton/saturación e a coloreamos, e daquela imos probando diferentes valores de ton, teríamos calquera destes resultados:

Por último, citemos a posibilidade de facer posterizacións parciais. Un par de exemplos rápidos acadaríanse creando unha máscara de capa. Supoñamos que a enchemos de negro. Non hai ningunha posterización visible.

Se queremos posterizar en certas zonas, só temos que pintar de branco na máscara: aquí estivemos pintando rápidamente o fondo:

Outra posibilidade sempre interesante é aplicar na máscara un degradado de negro a branco. Así créase unha transición suave entre unha zona posterizada e outra sen modificar

Imolo ver trazando o degradado en sentido contrario:

 


Arriba

  Páxina principal  
Modos de Fusión