MODOS DE FUSIÓN

LUZ SUAVE

Reforzar cores pintando

O que imos facer hoxe é semellante ao que xa vimos no exemplo de escurecer (polarizar) ceos pintando en modo Subexpoñer, ou realzar ollos e pelo pintando en Sobreexpoñer. No primeiro caso precisamos, evidentemente, escurecer a zona pintada, ademáis de gañar un pouco de saturación, e no segundo caso iluminar, ou cando menos facer que destaquen luces e brillos.

Outras veces viríanos ben reforzar un pouco o contraste e a saturación dalgún elemento, pero sen acraralo nin escurecerlo visiblemente. Nestes casos, sobre todo cando se trata de teas, co seu particular craroscuro, pintar en modo Luz suave é o máis cómodo.

Esta toma fíxose con luz moi dura de mediodía, de xeito que as cores na roupa da figura principal perden intensidade por exceso de craridade. Obsérvese cómo as figuras do fondo, ao estar máis lonxe e encadrarse nun contorno moito menos iluminado, teñen cores ben máis vivos.

Imos empregar para pintar o pincel de historia, de modo que superpoñemos á imaxe o mesmo detalle que xa ten, para reforzalo. Este pincel, que está na caixa de ferramentas de PhotoShop, serve para levar información dunha fase do proceso ou dun paso da paleta Historia, a outro.

En principio está asignado á imaxe sen modificar, mais se facemos primeiro algún outro axuste, podemos nós asignalo ao paso anterior a comezar a pintar.

Defínese unha punta de pincel non moi dura (70%) e cun diámetro cómodo, en modo Luz suave e unha opacidade entre 50 e 60%.

Pintamos uniformemente unha zona se o facemos dun trazo, sen deixar de pulsar. Pero también podemos insistir máis nuns sitios que noutros, aplicando pinceladas. Neste caso é mellor baixar a opacidade.

Aquí por exemplo, insistiuse cun segundo toque nas botas, que recibían moita luz. Sen embargo a cara e as mans non se tocaron.


Pasar o cursor sobre a imaxe para
comparar co orixinal

Simulación de grano Texturar fotografías

 


Arriba

  Páxina principal  
Modos de Fusión