MODOS DE FUSIÓN

LUZ SUAVE

Texturar fotografías

Luz suave é un modo de fusión de efecto moderado en comparación con outros como Superpoñer ou Luz forte, que á sua vez son máis discretos que os modos baseados en Sobreexpoñer e Subexpoñer. Luz suave non pode variar a cor da capa base ata negro e branco. Os seus límites equivalen a unha corrección de gamma de 0.5 e de 2. Ao ser máis sutil, é o idóneo para superpoñer texturas en fotografías, e simular por exemplo diferentes calidades de papel.

Imos facer un proceso típico a partir desta fotografía:

A textura podería ser máis interesante, de papel corrugado, punteado, apergaminado, pero por craridade imos botar man dunha das texturas máis versátiles que veñen nos programas: Texturizar con arenisca. Fixémolo en PhotoShop cos seguintes parámetros:

De ter posto parámetros máis suaves, como por exemplo baixar o relevo a 3, tería un aspecto menos abrupto na previsualización do filtro, e estaríamos tentados a deixalo así, mais o acabado resultante é un pouco brando.

Preferimos aplicar o filtro dun xeito máis enérxico, como vemos neste detalle ao 100% de zoom, e recorrer logo á transición, en modo Luz suave e a unha opacidade media. O resultado é máis interesante. Somente ten un defecto, segundo se mire, e é que contrasta e satura un pouco as cores escuras.

Para evitar este efecto secundario poderíanse facer varias cousas, e de feito probámos diferentes métodos con varias fotos. Por exemplo, algo que parecería lóxico: Duplicar a capa antes de comezar o proceso e agora xogar con outro modo de fusión para superpoñela ao orixinal, mais non hai un modo de fusión adecuado: os que acraran borran moito a textura, os que escurecen agravan o defecto, e os "simétricos" Superpoñer, luz suave, forte, intensa, etc. non o solucionan, ao combinar a capa texturada coa capa orixinal.

A resposta: continuar onde estábamos: duplicamos a capa xa texturizada con transición a Luz suave, poñémola en modo Trama e baixamos a opacidade a un tercio aproximadamente:

De todo o probado, é con diferencia o que proporciona un aspecto máis natural:

 

 


Arriba

  Páxina principal  
Modos de Fusión