MODOS DE FUSIÓN

LUZ INTENSA

Ennegrecer fondos

Superpoñer unha capa gris en modo Luz intensa é unha das maneiras máis rápidas de ennegrecer o fondo dunha fotografía. Pero a sua eficacia depende moito da escala de luces que teña a imaxe.

Por exemplo, neste caso é moi sinxelo, porque mirando o histograma vemos unha división ben crara entre figura e fondo. Nótese como non é imprescindible que o fondo teña xa unha tonalidade xeral escura.

O proceso é: crear unha capa nova, enchela cun gris máis ben escuro, dun 75% ou 80% de negro, e poñer a capa en modo Luz intensa.

Aforrámonos así facer seleccións ou pintar con negro, aínda que hai que admitir que con este histograma era ben sinxelo. Teríamos un resultado parello cun gris máis craro en modo Subexpoñer, aínda que tendería algo máis a escurecer a flor, ou ben cun simples axuste de Niveis, no que poderíamos compensar este leve escurecemento.

Imos ver outro caso semellante, pero cun fondo máis parecido á figura, menos escuro:

O histograma ten semellanzas co anterior, mais engana, xa que parte dos píxeles craros están no fondo.

O mesmo que antes, tomamos unha mostra de gris 80%, e enchémos con ela unha nova capa, que poñemos en modo Luz intensa.

Este é o resultado. Non desapareceron de todo os elementos do fondo, mais segue a ser un bo paso adiante para continuar logo con outros procedementos máis manuais e eliminar as zonas que aínda amosan detalles:

Na realidade a capa gris afecta a toda a imaxe, pero moito máis á zona escura que á crara, que escurece lixeiramente, e neste caso venlle ben á flor. Pero como poderíamos facelo de xeito que só escureza a metade escura?

Poderíamos variar lixeiramente o método: Facer dous duplicados da capa fondo, e o segundo poñelo en modo Luz intensa:

Daquela, Combinamos este duplicado co anterior, con Control+E, para aplicar o efecto e poder cambiar de modo. Poñemos a capa resultante en escurecer:

As partes craras da flor non cambiaron, salvo unha pequena zona verde escuro no centro. Se queremos remediar isto, o máis práctico é crear unha máscara de capa, e pintar de negro a zona. Así voltará a ser como ao principio.

Tal como está agora a fotografía, é sinxelo facer un trazado de selección que separe as zonas do fondo que non son negras, onde tocan a flor, e pintalas por exemplo con pincel en modo Subexpoñer.

Simulación de grano Reforzar contraste e saturación
Branquear fondos Simulación de grano

 


Arriba

  Páxina principal  
Modos de Fusión