MODOS DE FUSIÓN
LUZ INTENSA |
Reforzar a un tempo contraste e saturación Dende o valor gris medio ata o branco, unha capa en Luz intensa produce o mesmo efecto que toda a escala en modo Sobreexpoñer. Os píxeles da metade escura, de gris a negro, compórtanse como toda a escala en modo Subexpoñer. Luz intensa é, por tanto, un modo moi potente, que pode contrastar enérxicamente as imaxes. Por iso utilízase con moita frecuencia naqueles casos en que a foto pide ao mesmo tempo un reforzo de contraste e de saturación.
Podemos facer este efecto de duas maneiras: decidindo Sobreexpoñer ou Subexpoñer ao tempo que contrastamos, para o que utilizamos unha capa chea de gris, ou ben facer ambas as duas cousas a un tempo, duplicando a propia imaxe de partida. O primeiro método é máis controlable, e poderiase facer tamén cun dos outros dous modos citados. No caso desta fotografía, queremos reforzar a densidade porque escasean os negros. Creamos unha capa nova, e enchémola de gris. Eu poño habitualmente un gris de 75% a 80% de negro. Ponse a capa en modo Luz intensa, e regúlase a opacidade ata que nos convenza o efecto. Habitualmente precisaremos unha opacidade media, arredor do 50%. Tamén se pode (e debe) probar a variar un chisco o gris, con Niveis. A segunda opción consistiría en duplicar a capa Fondo, no canto de superpoñer unha gris, e poñela en modo Luz intensa. Neste caso refórzanse tanto os escuros como os craros. A saturación aportada é maior, tanto que neste exemplo baixámos a opacidade ao 25%. Se non a baixamos dabondo, poden producirse cores irreais en zonas como a pel das persoas, ou que se queimen as luces. O método é ideal, polo tanto, para aplicar a aquelas fotografías de viaxes con motivos coloristas que igual por exceso de sol na escea dan a sensación de que no responden á viveza das cores que víramos. Aquí van outros dous exemplos do primeiro método: capa gris 75%, Luz intensa e opacidade 50%: Pasar o cursor sobre as imaxes para ver o efecto
|