MODOS DE FUSIÓN

LUZ FORTE

Combinar capas, predominando a capa de fusión

Os modos de fusión Superpoñer e Luz forte están íntimamente relacionados, xa que cada un funciona o mesmo que o outro, se invertimos a orde das capas.

Observemos nos seguintes gráficos, movendo os puntos vermellos, como afecta un valor na capa á escala de luminosidade da base. Aínda que semella que o funcionamento de ambos os dous non ten relación, busquemos o valor de cada punto na curva do gráfico contrario, e veremos que dan o mesmo resultado, o que proba que son recíprocos.

En modo Luz forte, os valores craros da capa superposta (dende 128 ata 255) producen a mesma variación na capa base que toda a escala de 0 a 255 en modo Trama ou Pantalla, mentras que os valores escuros (dende 127 ata 0) fan o mesmo que toda a escala en modo Multiplicar.

Algo que fai moi ben este modo é texturizar imaxes, sobre todo se están ben contrastadas, superpoñéndoas ao motivo da textura como capa en Luz forte.


(Fotografía cedida por Carmela García)

Aplicar filtro de Relevo sen agrisar a imaxe

Nos libros de Ben Willmore sempre aparece este modo como o adecuado para evitar a reducción a gris medio que producen en boa parte da imaxe algúns filtros como o coñecido Relevo.

Para evitar o agrisamento serviría calquera modo bidireccional, pero Luz forte é probablemente o que máis visible deixa o efecto do filtro. Vexamos un exemplo:

Se a imaxe orixinal é a cor, primeiro seleccionamos todo (Control+A) e copiamos ao portapapeis o contido (Control+C).

Aplicamos o filtro:

Inmediatamente despois, co comando Transición (Control+Maiúsculas+F) cambiamos o modo a Luz forte, e baixamos a opacidade se vemos que o filtro foi excesivo.

Así evítase o gris, mais aínda poden quedar restos de cores extranas creados polo filtro, así que creamos unha capa ao pegar a información orixinal (Control+V) e poñémola en modo Cor:

Xa se pode acoplar a imaxe. Houbese dado o mesmo resultado, en lugar de copiar a imaxe no inicio, duplicar a capa fondo, aplicar o filtro, con transición a Luz forte, e poñer despois a capa en modo Luminosidade.

 


Arriba

  Páxina principal  
Modos de Fusión