MODOS DE FUSIÓN
LUZ FOCAL |
Moléculas e outros efectos con modos Acrarar e Luz focal O agregado de moléculas ou burbullas é un efecto ben coñecido, que aparece en varios libros de aprendizaxe de PhotoShop. Non iguala nin de lonxe un bo deseño de esferas en 3D, pero é moito máis sinxelo. Básicamente consiste no seguinte: Escollemos unha parella de cores, unha crara como frontal, e outra escuro como fondo. Empregamos a ferramenta Degradado, na modalidade Degradado radial, coas cores frontal e fondo, e en modo Acrarar. Sobre unha base que enchémos da cor de fondo, arrastramos a partir dun punto calquera A:
Temos unha forma circular suavizada. Agora volvemos trazar dende un punto B, máis ou menos ata o centro A: O modo Acrarar impede que o segundo degradado tape o primeiro. Fórmase unha zona na que semellan presionarse un ao outro. Trazamos un terceiro dende un punto C, arrastrando máis ou menos ao medio da unión:
Vemos xa a maneira en que interactúan os degradados, como bolas que se apretan:
A partir de aquí xa é cuestión de ir engadindo degradados. Poderíase cambiar a cor frontal en cada un, para dar variedade de cores.
O defecto máis visible deste truco é a suavidade das esferas, que se perden moito no fondo. Un xeito que atopei de que teñan un aspecto máis volumétrico pero sen complicar o método, consiste en crear ao principio unha capa baleira, poñela en modo Luz focal, e nela trazar xa os degradados en modo Acrarar. O modo de capa Luz focal fai que o degradado avance en cada canle ata diferentes valores dependendo da cor, e nos máis dos casos define mellor a redondez e o destaque sobre o fondo. Tamén é certo que hai que arrastrar case o duplo o trazado para cubrir a mesma distancia aparente. Isto fíxose co mesmo degradado que antes:
A combinación da capa en Luz focal co degradado en Acrarar tamén permite facer formas tubulares moito mellor definidas cos degradados liñais reflectidos. Ao combinar os dous tipos de degradados prodúcense penetracións como esta:
Tamén é interesante a maneira de cruzarse varios degradados reflectidos entre si, de xeito aleatorio:
ou tamén de xeito regular: A partir de aquí, todo é experimentar. Só poñer un exemplo máis, no que se combinan variacións de ton na cor frontal e os tipos de degradado que funcionan ben: reflectido, radial e diamante. O degradado liñal (normal) non é aconsellable porque ilumina de cor frontal todo o que deixa atrás no sentido do arrastre, borrando os degradados anteriores nesa zona.
|