MODOS DE FUSIÓN
LUZ FOCAL |
Facer lexible unha capa de texto limitando a gama na capa inferior Seguro que máis dunha vez, ao colocar un texto sobre unha fotografía con detalles contrastados, temos recorrido a poñer un parche entre ambas as duas capas para que o texto sexa mínimamente lexible. Un xeito bastante disimulado de facelo é empregando o modo Luz focal. Neste exemplo hai luces e sombras que molestan, sobre todo estas últimas Creamos unha capa baleira entre o fondo e o texto, e poñémola en modo Luz focal:
Trazamos unha selección arredor do texto, e suavizámola cun calado, a discrección Enchémola dun gris craro (neste caso un gris 25% k) xa que é discreto e doado de variar despois.
Coa ferramenta Ton/saturación, primeiro marcamos a casiña colorear, e logo buscamos os parámetros que mellor disimulen o parche:
O valor da cor buscámolo para que se parecese o máis posible ao fondo. A saturación tamén, aínda que sempre é preferible baixala un chisco máis. Por último, a luminosidade é crucial para buscar o punto de compromiso que elimine as zonas do fondo que molestan, sen que o arranxo sexa demasiado visible. Aínda queda a posibilidade de xogar coa opacidade da capa, aínda que afinando ben estes parámetros, rara vez fai falla.
|