MODOS DE FUSIÓN
AND, OR, XOR LÓXICO |
Motivos fractais Os modos AND lóxico, OR lóxico e XOR lóxico de PhotoPaint realizan cálculos booleanos nos planos de bit da imaxe. Isto non os fai moi indicados para fotofrafía, porque crean posterizacións extranas e imprevisibles, pero con cousas máis regulares, como os degradados, proporciona motivos de xeometría fractal, que se reproduce a si mesma en distintos niveis. Fagamos a proba, creando unha imaxe de 256x256 píxeles en escala de grises, que se enche cun degradado liñal: O degradado é doado obtelo pulsando duas veces na ferramenta recheo, e editando a opción degradado. A continuación tomamos a ferramenta selección, e duplicamos (Control+D) o obxeto ou capa. Prememos neel ata que aparezan os tiradores de rotación, e coa axuda da tecla Control, xiramos o duplicado 90 graos: Ao facer isto é posible que o obxeto non permaneza ben centrado co fondo (é unha teima típica de PhotoPaint), e que teñamos que desprazalo algún píxel á dereita coas teclas de frecha. A continuación poñemos o obxeto rotado en modo AND lóxico. E veremos o seguinte motivo xeométrico. Este modo tende a escurecer, xa que o valor superior do resultado en cada plano de bit só é 1 cando o é nas duas imaxes superpostas. Nas outras tres posibilidades será 0. Das catro partes en que se divide a imaxe, só é diferente a superior dereita. As outras tres son idénticas e máis escuras, e este esquema repprodúcese dentro de cada unha delas e das suas subdivisións: Se poñemos o obxeto en modo OR lóxico, a condición será a contraria, así que o motivo tende a acrarar: E se o poñemos en XOR lóxico, será simétrico, xa que o valor 1 supón coincidencia e o 0 diferencia nos dous obxetos. De cada catro partes, a superior esquerda é igual á inferior dereita. As outras duas son tamén iguais e máis escuras. Este outro efecto é o mesmo, sustituindo os degradados liñais por cónicos. Tamén están xirados 90 graos: Poderíamos probar a combinar dous tipos de degradado diferentes: Cónico con liñal superposto en modo AND lóxico: Resulta unha mestura de formas en cadrícula e radiais: Agora probamos con tres: un degradado radial, outro liñal en AND lóxico, e outro cónico en XOR lóxico: Temos unha combinación de bandas horizontais, sectores radiais e círculos concéntricos: Tamén podemos acoplar os dous degradados liñais do primeiro exemplo en XOR lóxico, e superpoñer o resultante a un degradado radial: Máis variacións: voltamos aos dous degradados liñais en modo XOR lóxico, e posterizamos o obxeto superior para introducir unha frecuencia diferente: E por último, un exemplo a cor, superpoñendo duas copias xiradas 90 graos dun obxeto cun degradado tipo arco da vella dos que ofrece o programa, en modo XOR lóxico: A experimentación non ten límite, aínda que canto máis regular sexa o motivo, máis evidente será tamén o efecto.
|