MODOS DE FUSIÓN

ESCURECER

Evitar rebordos craros ao enfocar

Pode compensarse un desenfoque ou reforzar un pouco a nitidez dunha imaxe dixital mediante filtros que acentúan o contraste local dando a sensación dun aumento do enfoque.

Os métodos de enfoque de imaxes máis avanzados actúan de xeito diferente nas zonas escuras e craras. Pero moitas veces non dispoñemos de tempo ou das accións precisas, e temos que conformarnos coa aplicación rápida da máscara de enfoque

Para estas situacións, convén lembrar que os rebordos que aparecen cando nos excedemos coa máscara, son moito más visibles nas partes craras que nas escuras dos bordos e siluetas. Por iso o modo escurecer pode servir para apurar máis un enfoque aceptable.

Os rebordos vense sobre todo onde hai formas xeométricas, como é o caso da fotografía arquitectónica. A esta aplicámoslle unha máscara de enfoque de valores 120-1-3, para definir mellor os lindes, pero xa produce rebordos:

Se a continuación utilizamos a opción Transición en modo escurecer, o efecto é moito menos molesto:

¿Cándo é recomendable?
Esta técnica é moi aconsellable en situacións como as seguintes:

- Aplicouse xa a máscara de enfoque, pero a imaxe pide un segundo filtro para acadar un punto máis de nitidez.
- Hai que enfocar unha imaxe de poucos píxeles.
- Perdeuse algo de nitidez ao reducir o tamaño da imaxe.

Simulación de grano Tampón en modo escurecer


Arriba

  Páxina principal  
Modos de Fusión