MODOS DE FUSIÓN

ESCURECER

Utilizar o tampón de clonar cos modos acrarar e escurecer

Cando temos que reparar danos dun orixinal fotográfico vello, case todo o problema consiste en impurezas ou rabuñaduras que destacan como puntos brancos ou negros. O exemplo que ofrecemos ten ambos os dous tipos de marcas.

A ferramenta máis útil nestes casos adoita ser o tampón de clonar, co que trasvasamos información duns lugares a outros. Mais o uso excesivo do tampón estraga as imaxes, porque presenta dous defectos típicos que delatan o retoque: repeticións visibles e empaste das texturas.

¿Cómo se evitan estes inconvenientes?
Quen traballa habitualmente co tampón sabe que as repeticións poden evitarse cambiando a mostra con frecuencia, e o empaste das texturas deixando sempre a opacidade do pincel ao 100%. A pegada do tampón nunca se disimula baixando a opacidade, senón baixando a dureza da punta do pincel.

Ademáis, hai unha técnica que axuda moito a evitar os dous problemas, e é aplicar o tampón en modo acrarar ou en modo escurecer, dependendo do caso. Neste exemplo imos tomar unha mostra no punto A, e aplicala en B, cun tamaño de pincel indicado polo círculo:

Deixamos a dureza da punta do pincel ao 100%, cousa que nunca faríamos, para que se distinga ben o efecto. En modo normal o punto negro desaparece, pero a pegada do tampón é visible, porque ademáis a mostra está tomada nunha zona algo máis escura.

Sen embargo, co tampón en modo acrarar, non deixamos traza ningunha, e tomar a mostra nunha zona lixeiramente máis escura é mesmo unha vantaxe, porque somente se modifican os puntos que son craramente máis escuros que a textura do fondo.

Vexamos agora a mesma estratexia, pero co tampón en modo escurecer. Queremos correxir a zona B cunha mostra tomada en A, onde hai unha textura lixeiramente máis crara:

En modo normal, e con pincel de dureza 100%, nótase a traza do pincel.

En cambio, co tampón en modo escurecer, non se deixa ningún rastro.

Recalcamos o feito de que con esta técnica, a información sustituída debe ser menos do 50% do que sería en modo normal, o que preserva máis a textura orixinal e non crea unha copia exacta da zona de mostra. Deste xeito, tampouco é doado que se produzan reiteracións.

Evitar rebordos craros ao enfocar Simulación de grano


Arriba

  Páxina principal  
Modos de Fusión