MODOS DE FUSIÓN

DISOLVER

Simulación de grao de emulsión

Aínda que o grao típico da película química simúlase case sempre mediante filtros de ruído, empregando o modo Disolver acádanse resultados habitualmente más convincentes. Neste exemplo imos facer primeiro un reforzo do volume das cereixas, para que non o leve o ruído e desenfoque que aplicaremos.

Na paleta canles, situámonos no que apresente un volume máis rotundo, neste caso calquera menos o vermello, que está moi plano. Copiamos o contido da canle con Control+A e Control+C.

Voltamos á canle composta RGB, pasamos á paleta Capas e copiamos (Control+V). A capa resultante ponse en modo Luminosidade, e baixase dabondo a opacidade, aquí ao 40%.

Na capa superposta, píntase con pincel semiduro, tamaño grande e pouca opacidade (12%), en modo Disolver. Daselle primeiro unha pasada de branco:

E deseguida, un par de pasadas con negro:

Por fin, aplícase un desenfoque gaussiano de radio 1 píxel, e aquí é cando o aspecto excesivamente puntual e abrupto do ruído dixital, simula convincentemente as formas máis orgánicas do grao arxéntico:

Acóplase finalmente a capa, e velahí temos o resultado:

Resplandores ruidosos Resplandores ruidosos
 


Arriba

  Páxina principal  
Modos de Fusión