MODOS DE FUSIÓN

DISOLVER

Resplandores ruidosos

O modo Disolver, como opción para pincel, serve para crear resplandores ruidosos ou chispeantes. Neste exemplo pintuse un azul moi craro en modo Disolver, ao 40% de opacidade, na capa inferior á da gaivota. En concreto, aplicáronse tres pinceladas, con opacidades -de arriba abaixo- 100%, 50% e 20%.

Aplicado a unha máscara de capa, o modo Disolver evita os píxeles semitransparentes. No exemplo que xa temos utilizado para o modo Reverse-Out, sustitue a zona gris da transición por píxeles salteados:

Efecto de desintegración

Nesta montaxe, que simulaba unha figura desintegrándose, empregouse o modo Disolver, aínda que non exactamente como modo de capa:

O proceso foi o seguinte: creouse unha máscara de capa negra, seleccionouse a zona da figura, encheuse de branco na máscara e a continuación fíxose unha transición do recheo a modo Disolver e opacidade 50%, que produciu un punteado branco e negro. Tamén se aplicou á zona do punteado un desenfoque de movemento vertical.

Simulación de grao de emulsión Simulación de grano


Arriba

  Páxina principal  
Modos de Fusión