MODOS DE FUSIÓN

DIFERENCIA

Solarizacións en modo Diferencia

A maioría dos que utilizan os programas de retoque saben que o modo Diferencia é especial, teñen xogado con el, solprendéndose dos efectos que se acadan, mais ten certa sona de ser pouco controlable e imprevisible.

Sen embargo, analisando como funciona, veremos que para certas cousas pode darnos un control case absoluto. Por exemplo, facer unha solarización dixital.

Nun sentido amplo, a solarización é ese efecto do que tanto gotaba Man Ray, consistente na inversión das partes máis escuras da fotografía.

Imos facer un exemplo con este retrato:


Fotografia cedida por Jesús Martín

O proceso é tan sinxelo como isto: creamos unha capa, enchémola dun gris escuro, e poñémola en modo diferencia.

Este é o resultado: as zonas escuras ilumínanse e invírtense:

A explicación tamén é sinxela, sabendo que este modo resta o valor menor do maior en cada par de píxeles superpostos. Enténdese ben observando a curva equivalente:


(Mover o punto vermello co cursor )

A solarización pode acentuarse, aumentando a craridade da capa e polo tanto a inversión, con calquera ferramenta como por exemplo Ton/saturación. Aquí aumentámoslle 20, 35 e 100 unidades, ata a inversión total:

É moi cómodo buscar o valor que nos guste, se o programa o vai visualizando. Por outra parte, e dado que o cálculo se realiza canle por canle, pódese xogar tamén co ton (coa mesma ferramenta) e lograr coloreados interesantes. Realmente o que facemos é variar a cor da capa. Nos seguintes exemplos mostramos cal era a cor resultante, e o efecto que producen na fotografía:

As cores foron RGB 118-103-122, RGB 110-63-73 e RGB 80-95-95.


Arriba

  Páxina principal  
Modos de Fusión