MODOS DE FUSIÓN

BORRAR

Crear zonas transparentes de xeito manual

Cando se pinta sobre unha capa cun pincel en modo Borrar, a cor activa é indiferente, posto que actúa como unha goma de borrar. O que lle da sentido a este modo, é aforrar o tempo de cambiar a ferramenta e procurar un pincel específico, se se trata dunha variedade personalizada que xa temos configurado coa ferramenta pincel.

Neste exemplo, aplicámos tres pinceladas, con opacidades -de arriba abaixo- 100%, 50% e 20%.

Tamén está disponible este modo de PhotoShop para o comando Encher. É máis flexible que borrar unha zona coa tecla Suprimir, porque pode aplicarse unha porcentaxe de opacidade ao borrado. Deste xeito é posible que unha capa teña zonas con diferentes niveis de transparencia, sen recorrer a máscaras de capa. Aquí enchéronse tres zonas con opacidades 25%, 50% e 75%:




Arriba

  Páxina principal  
Modos de Fusión