MODOS DE FUSIÓN
ACRARAR |
Matizar efectos de iluminación O modo acrarar está indicado tamén para controlar o efecto de algúns filtros, que acraran a imaxe en certas zonas e escurecena noutras. Supoñamos que queremos simular a luz dun foco apuntando a esta textura de pedra: Aplicamos un efecto de iluminación: E a continuación empregamos a función Transición para facer que o filtro somente actúe para acrarar a imaxe: Ás veces tamén é posible limitar o efecto coa propia configuración do filtro, pero pode ser máis rápido usar a transición, coa que podemos ademáis rematar de afinar a cantidade do efecto que precisamos.
|