PÁXINA DE RECURSOS   En castellano ►


SELECCIÓNS. O TRAXE A MEDIDA

Hai tantos motivos polos que podemos querer modificar partes concretas dunha imaxe, que as ferramentas de selección téñense multiplicado para servir a todos os nosos caprichos. Non só hai xeitos diferentes de trazalas ou de aplicar unha mostra, senón que existen tamén mecanismos moi sinxelos para combinalas, retocalas e transformalas mediante recursos de axuste tonal e dimensional.

Seleccións primarias
Os trazados de selección máis sinxelos son os rectangulares e elípticos, que se crean arrastrando o rato dun punto a outro da imaxe. Estes dous puntos serán dous vértices opostos do marco rectangular ou do rectángulo que circunscrebe o elíptico.

Os contornos a man alzada trázanse coa ferramenta Lazo, da que hai unha variante poligonal que traza contornos a base de segmentos rectos definindo vértices co rato, e coa denominada Lazo magnético, pensada para detectar automáticamente e converter en contorno unha silueta que hai que ir percorrendo aproximadamente co cursor, sen pulsar. A Vara máxica, pola súa parte, selecciona grupos de píxeles contiguos que teñan un grao de semellanza indicado como valor de tolerancia.

Outras maneiras de crear unha selección son o comando Seleccionar todo, ou opcións específicas de marco de selección, como Filas, Columnas (única en Photoshop e de cantidade regulable en PhotoPaint) ou Gama de cores. Tamén se pode transformar en selección unha canle, unha máscara de capa ou un trazado.

f f f
Selección con vara máxica s diferentes valores de
tolerancia: de esquerda a dereita, 5, 25 y 100.

Particularmente interesante é a posibilidade de seleccionar píxeles con valores cromáticos semellantes, independentemente da súa situación. Gama de cores é o comando que nos permite elexir as zonas vermellas, verdes, escuras, ou mesmo indicar as mostras sobre a imaxe con contagotas e segundo un nivel de tolerancia, como unha vara máxica estendida a toda a imaxe.

A forma dos marcos de selección pode restrinxirse coas teclas de control. En Photoshop utilízanse as teclas May (maiúsculas) e Alt.

Mantendo pulsada a tecla May (en PhotoPaint, a tecla Ctrl), bloquéase a proporción ancho-alto, polo que o marco rectangular será un cadrado perfecto e o elíptico será unha circunferencia. Pulsando Alt (en PhotoPaint, a tecla May), o rectángulo ou a elipse defínense simétricamente a partir do seu centro. Mantendo pulsadas as dúas teclas, créanse seleccións cadradas ou circunferencias a partir do centro. Tamén é posible definir un tamaño concreto en píxeles previo ao trazado, ou ben -en Photoshop- unha razón proporcional ancho-alto.

Combinar trazados
As mesmas teclas de control permiten que un segundo trazado non sustitua o anterior, senón que interaccione de varios xeitos, a saber: sumar á selección (May), restar da selección (Alt en Photoshop e Ctrl en PhotoPaint) e definir a zona de intersección (May e Alt, ao mesmo tempo, en Photoshop) ou as zonas de exclusión (May e Ctrl en PhotoPaint).

f
Combinacións dun marco rectangular cun elíptico xa existente. De esquerda a dereita: sustituir, sumar, restar, intersectar e excluir.

Estas opcións tamén están disponibles nos comandos de menú relativos á función de gardar seleccións como canle. Nas últimas versións dos programas, ademáis, poden preseleccionarse na barra Opcións.

f
f
Exemplo de seleccións combinadas en Photoshop. A segunda elipse trázase no modo de intersección e a circunferencia no modo restar, pulsando Alt e May, e a partir do centro.

Modificar trazados
Existen variadas opcións para modificar ou axustar un trazado de selección activo, ademáis de calquera caste de filtrado que se poida aplicar á máscara. Referímonos aos comandos Deseleccionar, Inverter a selección, e a outros tantos que dependen dun valor de radio. É o caso das opcións Expandir, Contraer, Calar, Colorear bordo, Bordo (seleccionar o contorno) ou Suavizar trazado (redondear esquinas).

f
Modificacións dun contorno triangular a lazo, sempre con radio 6. De esquerda a dereita: selección inicial, Expandir, Contraer, Calar, Contornear, Bordo e Suavizar.

Otros dous comandos interesantes son Extender e Similar, que modifican unha selección existente. Extender incorpora aqueles píxeles de igual valor sempre que formen unha zona contigua coa primeira selección, mentras que Similar busca por toda a imaxe píxeles semellantes.

f
f
A selección activa da esquerda serve como mostra para a selección estendida da dereita.
f
f
A selección a lazo da esquerda serve para buscar todas as zonas semellantes co comando Similar..

PhotoPaint aporta algunhas funcións propias, como eliminar "furados" dentro do contorno, aliñar o contorno de selección coa capa ou co documento, eliminar o suavizado da máscara cun valor de umbral ou definir a tolerancia ao seleccionar por gama de cores en valores HSB. Photoshop, pola súa banda, ofrece o utilísimo comando Transformar selección, para desprazar, rotar, estirar ou inclinar a forma do contorno o mesmo que un obxecto vectorial.

Máscara rápida
Trátase sen dúbida dun instrumento valioso para retocar un contorno de selección. Esta ferramenta visualiza a máscara e permite pintar sobre ela, aínda que no n estea gardada como canle.

Un xeito cómodo de utilizala en Photoshop é trazando primeiro unha aproximación rápida co lazo, por exemplo. Aproximámonos ben co zoom (un 300 ou un 400%), pulsamos a tecla D para establecer as cores por defecto (Negra e Branca), definimos un pincel redondo e semiblando (75-80% de dureza) que suavizará o trazado lixeiramente, e cun diámetro adecuado segundo a silueta sobre a que se traballa pintamos a ambos os dous lados dela ata definila completamente.

Son moi cómodas a tecla X para conmutar as dúa cores e pintar alternativamente fora e dentro da selección, e a barra espaciadora para ir desprazando a vista da imaxe.

f
f
Aproximación rápida á selección co lazo (esquerda) e repaso do contorno no modo Máscara rápida, con pinceladas de branco e negro (dereita).

 

PÁXINA DE RECURSOS   En castellano ►