PÁXINA DE RECURSOS   En castellano ►


SELECCIÓNS. O QUE HAI DETRÁS DA MÁSCARA

Unha selección é algo tan sinxelo en apariencia que difícilmente percibimos a sua maxia. De feito, unha das cousas ás que máis tempo dedica un profesional do retoque é a definir boas seleccións. Con elas a imaxe dixital deixa de ser un taboleiro ríxido e ábrense as portas aos axustes locais, desprazamentos, transformacións, duplicados, capas, fusións... todo se volve flexible.

Moitas veces precisaremos facer un axuste ou modificación nunha zona da imaxe sen que afecte ao resto. Nos programas de retoque pode facerse de dous xeitos: empregando algunha ferramenta deseñada para trazar efectos manualmente (desenfocar, enfocar, desaturar, sobreexpoñer…), ou ben protexendo a zona que non debe variar.

Esto último denomínase técnicamente enmascaramento. Redúcese a resposta da imaxe a unha zona concreta (área de selección), mentras o resto permanece bloqueado ou enmascarado. A vantaxe sobre o trazado manual de efectos é que abre moitas máis posibilidades, xa que -por exemplo- a selección non ten por qué ser unha zona continua.

Contorno de selección, máscara y canal
O habitual cando definimos a área é que o programa nos mostre a fronteira cunha liña intermitente ou tapando unha das zonas cunha cor semitransparente. Ambas as duas son meras visualizacións; a primeira, máis evidente, aínda que non pode indicar graos de selección. Mais o interesante é entender qué hai detrás desta máscara, cómo anota e cómo emprega o programa a información de selección.

s
s
A. Visualización do contorno de selección.
B. Visualización da máscara

Como sabemos, o corpo dun arquivo de imaxe RGB é unha cadea de datos onde cada píxel está descrito por 3 bytes. Na maioría dos formatos non se anotan os 3 bytes do primeiro píxel nin os 3 do segundo -e así sucesivamente-, senón que se agrupan primeiro os bytes da cor primaria vermella de todos os píxeles, despois os bytes da verde e por último os da azul.
Outra cosa é a orde. Un arquivo TIFF anota os valores fila a fila, na versión PC, e columna a columna, en Macintosh. En calquera caso, fanse tres barridos sistemáticos de toda a imaxe, cada un dos cales denomínase canle.

Cando trazamos unha simple selección rectangular, créase virtualmente un barrido extra no que o valor 0 significa píxel bloqueado e o 255 píxel activo. Podemos gardar permanentemente a selección como canle, para recuperala cando sexa preciso.

s
Paleta Canles en Photoshop. A canle composta RGB representa as tres canles primarias. O símbolo 1 serve para crear unha canle Alfa, que contén a máscara, a partir dunha selección activa, e o símbolo 2 serve para activar de novo unha selección a partir da canle Alfa.

Seleccións ríxidas e suaves
O bon deste xeito de anotar datos é que podemos modificar a selección editando a máscara como se fose unha escala de grises. Os valores disponibles entre 0 e 255 crean graos intermedios entre os estados "seleccionado" e "bloqueado", definindo una transición suave entre ambas as duas zonas. As opcións Suavizado e Calado das ferramentas de trazado aproveitan esta posibilidade.

A opción Suavizado serve para disimular o escalonado nos contornos de selección curvos. No exemplo vemos cómo un trazado elíptico interfire coa matriz de píxeles. Sen suavizado, os píxeles seleccionados serán os que teñan o 50% ou máis de superficie dentro da elipse. O resto quedarán bloqueados. Con suavizado, os píxeles fronteirizos terán un coeficiente de resposta en razón da porcentaxe de superficie que caia dentro do trazado.

s
s
s
Trazado elíptico sobre a trama de píxeles
Márcara resultante sen suavizado
Máscara resultante con suavizado

A ferramenta Calado crea a transición a ambos os dous lados dun contorno de selección ata unha distancia que podemos definir. O efecto pódese facer tamén editando unha máscara sen suavizar.

Na seguinte imaxe, por exemplo, trazouse un contorno elíptico e gardouse como canle. A canle editouse co filtro de desenfoque gaussiano e invertiuse. Logo cargouse de novo como selección e coa tecla Suprimir borrouse a zona seleccionada.

s
s
Máscara invertida e desenfocada
Borrado da zona seleccionada

Como a imaxe non ten capas, borrar significa encher de cor de fondo, neste caso branco. Mencionámos antes o coeficiente de resposta dos píxeles semiseleccionados. Os píxeles na zona negra da máscara permanecen e os da zona branca modifícanse (desaparecen).
Un píxel que coincide na máscara cun gris medio (128) responde ao comando borrar ao 50%, polo que adoptará, canle por canle, un valor equidistante entre o que xa tiña e o de cor branca. Outro píxel de valor 64 está bloqueado nun 75%, polo que asume o 25% da modificación.

Desprazamentos
Por desprazar unha selección poden entenderse duas cousas: cambiar a sua posición sobre a imaxe (desprázase a máscara) ou levar a información da zona seleccionada dunha posición a outra. Isto depende, normalmente, da ferramenta activa.

s
s
Diferencia entre desprazar o contorno ou o contido da selección
contido de selección suavizada sobre unha imaxe de fondo

Esta operación coñecíase fai anos como "selección flotante", e é o antecedente das capas nas imaxes de píxeles. Fíxase ao fondo ao deseleccionar ou mudar de ferramenta, pero se a levamos a outra imaxe ou a replicamos cos comandos Copiar e Pegar, convírtese automáticamente nunha capa independente.

En calquera dos casos, se se trata dunha selección suavizada, os píxeles da zona de transición combinan os seus valores canle por canle cos píxeles de debaixo proporcionalmente ao seu coeficiente de resposta, fundíndose suavemente con calquera fondo, aínda que éste non sexa homoxéneo.

No próximo artigo faremos un repaso ás variadas ferramentas de selección, así como á sua modificación, combinación e axuste con máscara rápida.

 

PÁXINA DE RECURSOS   En castellano ►