Páxina de recursos

SUSTITUIR CEO SOBREEXPOSTO

 

A mellor opción cando sobreexpoñemos a foto é medir ben e repetir a toma, dirán os máis expertos, e é certo. Pero algunhas veces non o fixemos no seu momento, ou ben as limitacións da cámara obrigan nun contraluz a escoller entre o fondo e o motivo. En todo caso, moitas veces vémonos pensando qué facer con fotos como esta:

Confeso, ademáis, que moitas veces opto claramente por sobreexpoñer o ceo e preocuparme directamente do primeiro termo, como esta vez. É unha ábside románica do S.XII, co sol bastante baixo a contraluz. Fixen a foto, e seguidamente dei media volta para captar o ceo:

Volvín á foto da igrexa, e comecei con niveis:

Vese perfectamente o montón de píxeles do primeiro plano separado do pico sobreexposto da dereita (o ceo). Movín un pouco o triángulo negro para aproveitar un pouco máis de contraste no motivo e o branco até queimar completamente a zona do ceo, aínda que sen achegarse máis ao montón principal para que non colla unhas tonalidades irreais.

Unha vez feito este breve axuste, paso á foto do ceo, e dende a paleta capas arrástroa enriba da foto da igrexa:

Resulta moi cómodo ampliar un pouco a ventá, acceder a Transformación libre (Ctrl+T) e dimensionar un pouco a capa do ceo buscando o tamaño e posición das nubes que nos convenza

E agora quédannos tres cousas sinxelas por facer: primeiro, poñer a capa do ceo en modo oscurecer:

Segundo, en opcións de capa, axustar para que só sexa visible enriba do branco da primeira, achegando a éste o deslizador negro da capa inferior. Para que o nivel indicado non faga unha fronteira brusca, pode dividirse o deslizador coa tecla Alt. Neste exemplo non se demostra moito a utilidade desta operación, pero se houbese árbores contra o ceo, habería que buscar ben o punto para non formar halos

E por último, baixar a opacidade da capa bastante. Canto máis se achegue ao branco máis coherente será coa luz que había na foto orixinal. Aquí con 33% é dabondo. ¿Por qué non a baixamos antes? pois porque hai que evitar os halos e ao 100% se distinguen moito mellor. Se antes de baixar a opacidade non estorban, agora moito menos.

O resultado: