ESCANEAR ORIXINAIS GRANDES O que aquí se descrebe é un método normal
para dixitalizar documentos e material impreso que sobrepasa o tamaño
do escáner. Previsualizamos, decidimos a resolución, factor de ampliación e calquera outro parámetro. Seleccionamos unha zona representativa das luces e sombras extremas do documento, para que o escáner axuste os tons, despóis recadramos toda a zona visible da imaxe e dixitalizamos. A continuación deslizamos o original polo bordo do cristal até ver o resto da imaxe. Se precisamos dividir o orixinal en máis trozos, hai que ter en conta que cada dúas partes contíguas teñen que ter unha zona común de solapamento. Despóis previsualizamos, comprobamos que existe esa zona común ao recadrar, e dixitalizamos. Importante: sen variar nengún parámetro e por suposto facer un axuste tonal despóis tampouco. Pechamos a ventá do escáner e temos dúas imaxes: Como temos que xuntalas horizontalmente, consultamos na ventá de Tamaño de imaxe o ancho dunha delas (a da dereita). Vemos que ten menos de 22 cm. Imos á outra imaxe (a da esquerda), directamente ao cadro Tamaño de lenzo. Vemos que ten de ancho 21 cm. Como queremos ampliala cara a dereita, para facer sitio ao outro pedazo do póster, situámonos na casiña esquerda de anclaxe, e poñemos 43 cm en ancho. Aceptamos, visualizamos a imaxe enteira e vemos que ten espacio baleiro á dereita. Volvemos á outra imaxe, e dende a paleta capas, copiamos a capa fondo arrastrándoa sobre o espacio en branco da que ampliámos antes. Coa ferramenta desprazar (tecla V) movémola preto do outro trozo, pero sen tentar colocala a ollo. En lugar diso decidimos un punto de referencia na zona que se repete. Neste caso imos coller un botón da camisa, e coa lupa recadramos para achegarnos ben. Podemos facer de moitas maneiras para achegarnos máis. Eu gosto neste punto de crear unha máscara de capa e seleccionar un rectángulo dende o bordo da capa até a referencia (o botón), que se volve invisible se o enchemos con negro (D, Alt+Supr). Daquela, outra volta á ferramenta desprazar (V) e aproximámola máis. Un pouco máis de zoom, e vemos perfectamente os píxeles, calculando os movementos que faltan. Movemos a capa, mesmo coas teclas de frecha que a desprazan píxel por píxel, até coincidir. E voilá, visualizamos a imaxe, eliminamos a máscara de capa e acoplamos a imaxe. Se se notase, a pesar de todo, unha pequena diferencia no bordo da capa superior, poden facerse cousas como un pequeno degradado na máscara de capa en lugar de eliminala, ou ben un axuste fino de niveis ou de Ton-saturación na capa antes de acoplar. |