PÁXINA DE RECURSOS | En castellano ► | |||||||||
|
![]() |
Corrección automática con Recortar e endereitar fotografías. |
Outra opción é utilizar a ferramenta Recortar. Primeiro, é conveniente ver se na barra Opcións figuran datos numéricos de recortes anteriores e eliminalos co botón Borrar. Despois, trázase con ela un rectángulo aproximado, e déixase activada a casiña Perspectiva.
![]() |
Reencadre previo con Recortar. |
Con esta opción pode axustarse cada esquina do rectángulo de recorte á do obxecto. Para un maior detalle, podemos en calquera intre regular o nivel de zoom coa combinación de teclas Control + ou Control -, ou ben pulsar a barra espaciadora e arrastrar co rato para desprazar a vista.
Cando o rectángulo está ben adaptado, execútase o recorte pulsando a tecla Intro.
![]() |
Resultado do recorte con perspectiva. |
Tan útil e aínda máis flexible nalgunhas ocasións, é empregar o comando Distorsionar. Está pensado para capas ou seleccións, pero podemos correxir a fotografía enteira, se pulsamos previamente Control+A, para seleccionar todo.
Observemos primeiro cómo o comando Recortar e endereitar fotografías só consegue neste caso endereitar o bordo da torre que contrasta co ceo:
Para acceder rápidamente a Distorsionar, seleccionamos todo, entramos en Transformación libre co atallo Control+T, e deseguida, pulsando dentro da imaxe co botón dereito, activamos a opción adecuada.
Cada nodo pode desprazarse libremente. Neste caso, o fundamental é separar as esquinas superiores A e B horizontalmente, para compensar a perspectiva vertical. Algunhas veces tamén axuda mover un pouco verticalmente outro nodo (C), para situar mellor as liñas horizontais.
Cabe destacar tamén o cómodo que resulta non maximizar a ventá da imaxe para poder movela e ter sempre unha marxe arredor.
Para manexar os nodos con máis detalle, temos algunhas axudas. Podemos, neste senso, regular o zoom cos atallos antes citados, ou apoiarnos na cadrícula, que se amosa ou oculta pulsando simultáneamente a tecla Control e a do apóstrofo.
Con esta técnica a corrección adoita ser totalmente satisfactoria. Mesmo no exemplo anterior do cadro, a superposición da cadrícula permitiríanos aproximar un resultado coas proporcións reais do obxecto, se as coñecemos.
![]() |
Resultado con Distorsionar. |
Moldear co filtro "Corrección de lente"
A nova ferramenta Corrección de lente pode convertirse no futuro
das correccións. De feito, é solprendentemente útil cando nos
atopamos con distorsións propias dos sistemas ópticos: barril,
coxín, viñeteado, e mesmo aberración cromática.
Sen embargo, en canto a rectificar perspectivas, aínda ten que mellorar.
Ao manter os eixos vertical e horizontal, somente rectifica con éxito
os puntos de fuga que coinciden nos eixos da foto, e ademáis obriga
a un recorte posterior, como pode apreciarse neste caso:
O manexo do filtro Corrección de lente é moi cómodo, gracias á posibilidade de trazar un segmento guía para a rotación automática, e a superposición dunha cadrícula de cor, posición e tamaño regulable. Permite asemade o escalado e a rotación en conxunto da imaxe. Pero sería moito máis efectivo no campo das transformacións se permitise desprazar a imaxe, recolocar o centro de rotación ou o cruce de eixos para a perspectiva, ou se incluise os movementos propios de Sesgar ou Distorsionar. Na sua configuración actual, todo o que acadamos no noso exemplo do cadro é un romboide: