Páxina de recursos

SELECCIONAR EL PELO EN SILUETAS

 

Este método non é nin o mellor nin o peor xeito de solucionar a selección de siluetas cando se complican por ser irregulares como acontece co pelo nas figuras, simplesmente é algo que fago cando hai unha diferencia aceptable entre a figura e o fondo, para abreviar o traballo.

Supoñamos que queremos seleccionar esta figura

Cada un tene o seu xeito de facelo, a min vaime ben o lazo poligonal achegándome ben co zoom

Sen embargo cando me atopo cunha cabeleira complicada, non tento seguila, selecciono parte do fondo arredor dela

Unha vez rodeada toda a figura móvoa a outra capa (capa vía copiar ou vía cortar, co botón dereito na paleta capas). Neste caso puxen debaixo unha capa de cor lisa. Se xa temos decidido un fondo pois mellor é poñelo xa.

A continuación Asigno o pincel de historia neste paso na paleta historia. Volvo co lazo e fago outra selección na que quede dentro todo o fondo que teño que eliminar pero mellor que queden fora todos os brillos do pelo que quero conservar. Con esta selección vou a Capa vía cortar e sepároa noutra capa

Agora é cando vou a opcións de fusión e en fusión a medida movo o regulador que oculta as luces desta capa (se o fondo foe ben máis escuro que o pelo, sería o outro deslizador). Axuda bastante separar coa tecla Alt o deslizador en dúas metades, para que o valor de corte non resulte brusco. Aquí é onde se aforra moito traballo.

Despóis oculto todas as capas excepto as dúas que forman a figura, colócome na inferior (polo do pincel de historia) e no menú capas, co comando Combinar visibles volvo xuntalas.

Se nos achegamos é probable que vexamos unha liña que delata a separación. Para disimulala é para o que se usa agora o pincel de historia.

Ben, a selección está bastante aproximada, o mesmo que cando a facemos a man. O segundo problema que moitas veces nos desespera é que os pelos máis finos quedan terribles recortados contra o fondo. Para isto tamén hai moitas estratexias, pero eu penso que é doada e resultona a de dar uns toques ao bordo do pelo coa ferramenta subexpoñer, cun pincel semiblando e pouca opacidade, un 20 ou 25%. Dáselle un repaso arredor e logo créase unha máscara de capa, coa que podemos dar outro repasiño aos bordos facendo que onde destaquen menos pelos na silueta queden máis transparentes.

Este último tratamento xa depende do ollo e do gosto de cada un. Que aproveite.