COMO USAR OS MODOS DE FUSIÓN SEN PERDERSE NA XUNGLA
O método que máis practicamos cos modos de fusión é o de ensaio e erro. Percorremos todo o repertorio observando qué resultado se achega máis ao que temos en mente, ou simplesmente curioseamos. Logo de moitas probas, imos lembrando que certos modos son eficaces para axustes e efectos que adoitamos facer. Mais indagar nos seus fundamentos pode orientar moito sobre cómo empregar e combinar os modos.
No artigo anterior vimos en qué consistían os modos de fusión, cómo influe neles a opacidade, e a relación que teñen con algúns cálculos e axustes básicos.
Para chegar a ter unha comprensión global neste asunto hai que superar varios inconvenientes. Bastantes modos de fusión aparecen en distintos programas con diferente denominación. Nos menús de axuda relátase o que fai cada modo, pero prácticamente nunca din por qué nin cómo o fan.
Cos libros de aprendizaxe acontece o mesmo, e poucos autores -imos facer excepción con Ben Willmore- se molestan en contarnos en qué situacións levan aplicado con éxito cada modo de fusión.
Modos que xogan coa opacidade
O modo por defecto en calquera programa é o chamado Normal. Só cabe xogar coa opacidade como variable. Outros modos, como Borrar, Detrás ou Disolver, céntranse tamén no manexo da opacidade.
Borrar non é un modo de fusión de capa, senón somente de recheo ou pincel. é indiferente á cor activa, e canto máis opaca é a pincelada, máis transparentes se volven os píxeles da capa. Detrás respeta os píxeles opacos e pinta sobre a transparencia. Serve para cubrir os ocos na capa, ou crear fondos e resplandores arredor das figuras. Disolver sustitue os graos de transparencia por un tramado aleatorio de píxeles opacos.
Modos que actúan sobre o brillo
Un grupo numeroso de modos funciona como o farían os reguladores da ferramenta Niveis. Poden formarse varios tríos que constan dun modo que acrara, outro que escurece e outro que fai ambas as duas cousas. Vexamos en gráficos de curvas cómo actúa o valor do píxel sobre os posibles valores da capa inferior:
En Acrarar, o negro non actúa. mais outro valor calquera cubre todos os píxeles máis escuros, e respeta os que son máis craros. Escurecer funciona á inversa, e o branco non afecta á imaxe. En Luz focal é o gris medio o que non varía os valores. Os píxeles máis craros aplican o efecto de acrarar -en amarelo no gráfico-, e os escuros o de escurecer -en azul-.
Sobreexpoñer, Subexpoñer e Luz intensa fan o mesmo que Niveis, cando aumentamos o contraste cos reguladores branco ou negro que recortan o rango de entrada.
Trama, Multiplicar e Luz forte fan o mesmo que os reguladores branco e negro de Niveis que recortan a saída, restando contraste.
Sobreexposición liñal e Luz liñal aplican o mesmo incremento a calquer valor da capa subxacente, o mesmo que o comando Brillo.
Superpoñer é recíproco de Luz forte, porque os valores divídense ou multiplícanse segundo sexa craro ou escuro o píxel da capa base, non o da capa de fusión. Conséguese así que predomine a visión da capa inferior, e que as modificacións e superposicións sexan máis sutís e controlables.
O efecto de Luz suave é ainda máis sutil. Non varía liñalmente os valores segundo sexa o píxel craro ou escuro, senón que aplica unha corrección gamma entre 0,5 e 2
Diferencia resta o valor menor do maior, resultando un efecto de solarización. Exclusión intercambia gradualmente o negro e o branco, descontrastando e volvendo a contrastar en negativo. Ainda que os dous modos ao llegaren a branco invirten a capa inferior, en valores intermedios non teñen moito que ver, como se comproba no gráfico.
Para inverter a escala de valores hai modos específicos nalgúns programas, como Inverter en PhotoPaint ou Reverse-Out en Painter. Mestura definida, que xa aplicámos no artígo sobre posterizacións, umbraliza cada canle segundo os valores RGB do píxel superposto, e Painter conta con varios modos máis, que axudan a simular graos de humidade e trazos propios de diferentes instrumentos de debuxo e pintura.
Modos que combinan canles
Este grupo é específico das imaxes en cor. Trátase de combinar un dos parámetros HSB -Ton, Saturación, Valor- do píxel superposto cos outros dous do píxel inferior.
Ton aplica o ton da capa de fusión ao resultado, descartando os outros dous parámetros. Saturación fai o propio coa saturación. Luminosidade aplica os valores de brillo, e Cor fai a inversa, combinando o ton e a saturación da capa superior co Brillo da inferior.
|
|
|
|
C = capa A sobre B en modo Luminosidade.
D = capa A sobre B en modo Cor. |
PhotoPaint ofrece ademáis outros sete modos, que aplican unha das canles de cor da capa superior á inferior. Son: Roxo, Verde, Azul, Cián, Maxenta, Amarelo e Negro. Obviamente, os tres primeiros só están disponibles para imaxes en modo RGB, e os catro restantes para imaxes CMYK.
Modos baseados en operacións booleanas
No mesmo programa de Corel atopamos tres modos, máis experimentais que prácticos, que aplican cálculos booleanos aos valores das dúas capas en xogo. Unha operación booleana só ten dous resultados posibles -verdadeiro ou falso-, polo que se aplica bit por bit nos datos numéricos. Isto fainos un tanto imprevisibles ao combinar imaxes complexas, pero o seu xogo aritmético proporciona fácilmente interesantes motivos fractais.
En xeral, AND lóxico tende a escurecer as imaxes, OR lóxico tende a acraralas, e XOR lóxico mantén a luminosidade global, ainda que a mellor maneira de describilos é combinar con eles dous mapas de bits ou imaxes de alto contraste:
|
Imaxes a combinar |
|
|
Combinación en modo AND lóxico -esquerda-
e en modo OR lóxico -dereita- |
|
Ampliado, resultado en modo XOR lóxico. |
|