Xa mencionámos no artigo anterior as ferramentas
que ofrecen os programas de retoque para solucionar este problema. De todos
os xeitos, imos descreber primeiro un método máis "manual"
de igualar a tonalidade de duas figuras, supoñendo que posteriormente
van formar parte da mesma imaxe.
Para modificar a segunda, búscase unha zona representativa na primeira
-de craridade mediana e sen saltos visibles de cor- para tomar unha mostra.
Trázase unha selección rectangular e aplícase o filtro Promedio (accesible dende o menú Filtro>Desenfocar)
se temos unha versión recente de Photoshop, ou en caso contrario
un desenfoque "gaussiano" de bastante radio, que iguale a zona.
Na paleta Info, púlsase un dos contagotas para seleccionar os datos
de cor en modo HSB. Despois pásase o cursor sobre a zona promediada
na imaxe, tómase nota dos valores HSB (neste caso 36, 41, 81) e retrocédese
na paleta Historia para recuperar a imaxe anterior ao desenfoque.
Faise unha selección semellante na foto a modificar
e aplícase o mesmo filtro.
Tómase nota dos valores HSB da mostra. Neste caso, comprobamos que
a diferencia está principalmente no matiz: 17, 48, 79. Unha vez anotados
os datos, desfaise o filtro e anúlase a selección.
No apartado Ton/Saturación, indícase
nas casiñas numéricas a diferencia de valores entre as duas
motras coa finalidade de igualar os da primeira. Neste caso, os valores
de ton e luminosidade son positivos, mentras que a saturación debe
diminuir.
O valor para igualar a saturación e, sobre todo,
a luminosidade é orientativo e hai que afinalo á vista das
duas fotos. O mellor é ter xa as figuras como capas recortadas sobre
o fondo de destiño e rematar de integralas con algunha pincelada
coas ferramentas Sobreexpoñer ou Subexpoñer.
Usar o comando Igualar cor (PhotoShop)
O fundamental, neste caso, é definir a orixe. A foto da esquerda
é o modelo para a foto da dereita, pero poderían ser duas
capas da mesma imaxe. É moi conveniente facer previamente unha selección
rápida na orixe que abranga as tonalidades que queremos aplicar e
descarte outras zonas extranas, como o fondo. Daquela márcase a opción Usar selección de orixe.
Outra opción que aparece é Neutralizar,
que aplica un equilibrado de tons automático, polo que non ten sentido
cando temos unha imaxe como modelo. Se temos seleccionada a área
da imaxe a retocar, podemos seleccionar Usar selección de destiño para os cálculos. Funcionará ben se ambas as dúas seleccións
se corresponden ben, pero pode producir variacións de luz que habería
que compensar co regulador Luminancia.
Se non nos importa que o axuste se extenda ao resto da
foto, podemos indicar Omitir selección ao aplicar o axuste.
O que sí parece craro é que estas dúas últimas
opcións son entre sí incompatibles, porque combinadas producen
posterizacións importantes. O regulador Transición permite amortiguar o efecto. Curiosamente, un valor 0 aplica os cambios
completamente, mentras que outro próximo a 100 minimízaos.
Selección na imaxe modelo (esquerda) e axuste na
imaxe
final, somente coa opción Usar selección de orixe.
Axuste usando ambas as dúas seleccións para
o
cálculo (esquerda) e usando só a de orixe, omitindo
a imaxe final ao aplicar o comando (dereita).
Usar Corrección cromática manual (Paint Shop Pro)
No menú Efectos>Tratamento de fotografías atopamos
este comando. Non serve para modificar o ton tomando como referencia outra
imaxe, senón para aplicar unha cor que podemos personalizar ou elexir
dun mostrario.
Tras sinalar un punto na foto, ou mellor aínda,
trazar unha selección a man alzada, ofrécesenos unha categoría
e ao seu lado unha mostra que pode despregar un catálogo máis
completo.
O efecto aplícase a toda a imaxe, capa, ou a unha
selección previa, que no ten que ver coa que facemos na previsualización
para calcular o efecto. A principal limitación é que teríamos
que facer en todas as figuras da montaxe a mesma asignación de ton.
Pode empregarse a opción Cor personalizada e, ao aparecer o selector,
tomar unha mostra con contagotas sobre outra foto aberta. Con todo, a mostra
é puntual e pouco fiable.
Na miña opinión, e a xeito de conclusión,
o método manual é o máis seguro e faise con calquera
programa. Isto non quita valor ás novas ferramentas que van aparecendo,
máis rápidas e probablemente más eficaces nun futuro.