EFECTOS DE COR CON PHOTOSHOP
Unha das cousas máis rápidas e sinxelas que se poden facer en PhotoShop son efectos abstractos de cor, que quedan moi ben como fondo de imaxes cando queremos crear un ambiente psicodélico.
Temos visto outras veces o xogo que pode dar simplesmente un axuste de curvas, cun trazado diferente en cada canle. Pois ben, outro xeito más rápido, e que permite a experimentación a partir dunha imaxe en branco, é o uso da ferramenta Degradado en modo Diferencia. Poñemos algúns exemplos sinxelos:
De partida creouse unha imaxe nova en escala de grises. Pulsando a tecla D, faise que as cores frontal e de fondo sexan os tonos por defecto do programa: negro e branco. Cóllese a ferramenta Degradado, e na barra opcións escóllese degradado liñal, de cor frontal a cor de fondo, e modo diferencia.
Todo consiste en facer varios arrastres sobre a imaxe en diferentes direccións. Se logo duns cantos trazos comeza a perder forza, só hai que pulsar Ctrl+Suprimir para encher todo de branco e probar outra vez.
Este outro está feito do mesmo xeito, nunha imaxe a cor RGB, utilizando a opción degradado reflectido, e aplicando un dos deseños que o programa ofrece, que podemos ver superposto na esquina superior esquerda.
Para este novo exemplo, probouse con degradado radial, utilizando en cada trazo un degradado diferente dos que ofrece o programa.
Un aspecto diferente dano os cortes rectos do degradado cónico. Foron alternándose tamén diferentes deseños de degradado para cada trazo.
Neste outro, primeiro trazáronse varios degradados diferentes como degradado diamante, e logo os círculos foron feitos a trazos curtos aplicando un modelo de degradado de metal coa opción degradado liñal.
Hai moitas outras maneiras de facer efectos vistosos, pero ésta é tan inmediata, que paga a pena probar.